ATOPO
Rexistros actuais: 1.186.134
Obxectos dixitais dispoñibles: 427.506

FAMILIA MALVAR

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.8.

  • Título FAMILIA MALVAR

  • Data(s) 1512-1877 (Creación) 1512-00-00 - 1877-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte 15 unidades de instalación con 418 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade.

Área de contexto

  • Nome do produtor Familia Malvar. Palacete de Salcedo(S.XVI-S.XIX) Documentación relacionada cos antepasados da familia Malvar, propietaria do palacete de Salcedo. Esta propiedade foi adquirida pola Deputación para instalar a Misión Biolóxica e, posteriormente cedeulla ó Consejo Superior de Investigaciones Científicas. O Arquivo da familia Malvar é a colección documental referida a esta destacada familia pontevedresa. Entre os seus antepasados máis ilustres destacan figuras como a do Arcebispo Sebastián Malvar e Pinto ou a do Conde Julián Malvar. A liñaxe desenvolveuse ao redor do Palacete de Salcedo nos arredores da cidade de Pontevedra. Formase o Arquivo no Pazo dá Carballeira do Gandarón, na parroquia pontevedresa de Salcedo, aínda que ten a súa orixe na política matrimonial seguida polo territorio galego entre os membros de distintas familias que acaban formando parte da liñaxe dos Malvar. A evolución histórica fará que todos estes fondos, procedentes do catro provincias galegas, terminen no propio arquivo familiar, despois da unión de dúas dos seus descendentes: o primeiro deles, o casamento entre o Sr. D. Julián Malvar e Pinto e a Sra. Dª. Josefa Taboada Texeda, que vén acompañada do fondo documental das Casas do Periscal, de Regodeigón, da Touza, de Noia, de Vilerma, de Baiona, das Eiroas e de Ramiráns. O segundo matrimonio, froito da unión entre o Sr. D. Jerónimo Malvar e Taboada e a Sra. Dª María del Carmen da Maza, incorpora ao patrimonio familiar a documentación das Casas de Barrantes, ou Porto e Toiriz. Ou arquivo da familia Malvar contén unha importante información socioeconómica, xa que ao ser un fondo familiar permite trazar unha completa paisaxe das condicións de vida da Galicia que vai desde o século XVI a principios do século XX, tendo especial consideración as destacadas figuras individuais que afloran nesta liñaxe: o Arcebispo Sebastián Malvar e Pinto, o Sr. D. Julián Malvar e Pinto, Conde de Malvar, así como outros descendentes que ocuparon importantes cargos no ámbito militar, relixioso e político

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

  • Historia arquivística Este fondo foi depositado no Arquivo no ano 1997 dende o palacete de Salcedo polas xestións feitas co director da Misión Biolóxica e este arquivo, no interese de todas as institucións implicadas en conservar e poñer ao alcance dos cidadáns e dos investigadores esta documentación, estudiada no seu día polo bibliógrafo e erudito Antonio Odriozola. A súa organización, baixo a dirección técnica de Miguel Pereira Figueroa, correspondeu aos técnicos do Arquivo César Manuel López Marras, María Eugenia Valenzuela Senn, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo e José Luis Castro Carpintero. Finalmente foi dixitalizada esta documentación dentro do proxecto eDepo "Dixitalización de fontes documentais, gráficas, sonoras e audiovisuais da Deputación de Pontevedra e os concellos da provincia".

  • Forma do ingreso Transferencia extraordinaria

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Contén basicamente documentación relacionada coa evolución familiar, co cobro de rendas e coas propiedades e casas da familia localizadas nas actuais catro provincias galegas. Estas son as casas de Vilerma e Eiroas na provincia de Ourense, a casa da Touza na de Pontevedra, a de Toiriz en Lugo e as de Periscal, Noia e Xallas na Coruña. Ten grande importancia histórica para estudiar as xenealoxías e a historia económica dos séculos XVI e XVII coa súa complicada rede de aproveitamento e xestión. Entre os membros da familia atópase Sebastián Malvar Pinto, bispo de Bos Aires en 1778 e arcebispo de Santiago no ano 1783. Das súas accións no Novo Mundo destaca o enfrontamento co virrei, un crioulo con tendencias progresistas, e a implicación no sofocamento da rebelión encabezada polo inca José Gabriel Tupacamaru, que lle valeu o nomeamento no arcebispado compostelán. Aquí fomentou construccións coma a vía entre Santiago e Ponte Sampaio e a fundación dun montepío para labradores e artesáns. Morreu en 1795 e foi soterrado na capela maior da catedral. Tamén se debe reseñar Joaquín Malvar, conde de Malvar, que participou en diversos feitos militares durante a guerra da Independencia e foi deputado e senador pola cidade da Coruña.

  • Valoración, selección e eliminación Non se practicou ningún expurgo. Conservación total polo carácter testimonial e informativo, e para o estudio histórico e xenealóxico de Galicia desde a Idade Moderna hasta o século XIX.

  • Novos ingresos Considérase un fondo pechado.

  • Organización

    Está organizado en base ás diferentes casas que o compoñen. O cadro de clasificación conta con 9 series, a saber:
    
    1.- Correspondencia xeral (1743-1870).
    2.- Documentos da Casa de Vilerma (1542-1859).
    3.- Documentos da Casa de Toiriz (1549-1849).
    4.- Documentos da Casa das Eiroas (1512-1877).
    5.- Documentos da Casa de Periscal (1644-1790).
    6.- Documentos da Casa de Noia e Xallas (1609-1841).
    7.- Documentos da Casa da Touza (1573-1698).
    8.- Documentos da Casa de San Cristovo de Regodeigón (1567-1816).
    9.- Documentos e contas xerais (1609_1870).

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso O acceso é libre, coas restricións impostas na lexislación estatal e autonómica, é dicir, os documentos que conteñen datos persoais ou que afecten á intimidade das persoas.

  • Condicións de reprodución A reprodución está limitada polas condicións de conservación

  • Características físicas e requirimentos técnicos Estado de conservación da documentación: Regular.

  • Instrumentos de descrición Base de datos en ATOM cun total de 418 rexistros.

Área de documentación

  • Existencia e localización de copias Documentación dixitalizada na súa totalidade con 20.485 imaxes.

  • Unidades de descrición relacionadas Ten relación cos fondos das familias Caamaño e Porto, depositados neste Arquivo. Documentación complementaria no Arquivo Histórico Diocesano de Santiago de Compostela

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de materias FAMILIA E PROPIEDADE

  • Puntos de acceso de topónimos España Galicia Ourense Coles

  • Nome dos puntos de acceso Familia Malvar. Palacete de Salcedo (Tema) (Creador)

Área de control da descrición

  • Identificador da institución DEPO00200001075