ATOPO
Rexistros actuais: 1.328.590
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.660

Fondos

CONCELLO DE MOAÑA

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36029.AM.MOA.

  • Título CONCELLO DE MOAÑA

  • Data(s) 1818-2011 (Creación) 1818-00-00 - 2020-03-25 (Produción)

  • Volume e soporte 4.649 unidades de instalación con 21.216 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Moaña(1836-2015) O territorio do Concello de Moaña que se sitúa na comarca do Morrazo, ó oeste da provincia de Pontevedra, linda coa ría de Vigo e os concellos de Cangas, Vilaboa, Marín e Bueu. Ocupa unha superficie total superior ós trinta e catro quilómetros cadrados, con trinta e cinco entidades de poboación dispersas nas súas cinco parroquias: San Martiño de Moaña, Virxe do Carme de Moaña, Meira, Domaio e Tirán, nas que residen preto de dezaoito mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As parroquias de Moaña, Domaio e Tirán formaban parte da xurisdicción de Cangas con señorío do arcebispo de Santiago; pola súa parte, Meira constituía un couto por si mesmo con señorío do marqués de Valladares. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no partido xudicial de Pontevedra, chegaron a existir concellos en Meira, Domaio e Moaña. No ano 1836 créase o Concello de Meira na división establecida para o partido xudicial de Pontevedra, xunto cos concellos de Pontevedra, Vilaboa, Berducido, Bueu, Cangas, Marín e Poio. Daquela o concello de Meira establécese con catro parroquias (Meira, Moaña, Tirán e Domaio) e cunha poboación de 3.303 veciños. As modificacións reseñables que se produciron foron o cambio de denominación e capitalidade de Meira por Moaña, que se concede en 1874, e a segregación da parroquia da Virxe do Carme de Moaña, aprobada en 1955, da súa matriz San Martiño.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Moaña

  • Historia arquivística O local do arquivo atópase no semisoto da nova casa do concello, unha moderna edificación resaltada sobre o terreo e na que destaca a combinación de pedra e acristalamento O arquivo ocupa un local de 110 metros, en forma de "T", no semisoto desta edificación, con acceso dende as oficinas; conta con tress zonas de depósito con estantería compactada, separadas por un local de traballo e consulta. O primeiro proceso organizativo estable desenvolveuse co cadro de clasificación proposto no seu día polo grupo de arquiveiros de Madrid; con posterioridade, levouse a cabo o proceso de adaptación á nova proposta elaborada a nivel nacional para os arquivos municipais, acometéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación e a pertinente informatización dos instrumentos de descrición, nos anos 2001, 2004 e 2007. Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo: Francisco Javier Casás Mariño José Luis Castro Carpintero Josefa Fernández Ayuso Jesús Parada Rodríguez Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo Juan Carlos Villegas García Carmen Touzón Fernández María del Carmen Fariña Fernández Isabel Couso Bravo María del Carmen Martín Regueira María de los Ángeles Vázquez Martínez Mercedes Estévez Ogando

  • Forma do ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A maior parte dos fondos documentais corresponden ó século XX con notorias perdas, sendo a penas douscentos os expedientes conservados do século XIX, especialmente de quintas, contribución rústica e urbana e algúns testemuños de patrimonio e obras municipais e das xuntas locais de Ensino e Sanidade. Tamén sobresae a perda de libros de actas, soamente conservadas dende 1903, co que se carece desta imprescindible fonte de información sobre a vida local no século XIX, especialmente no referido á realidade do Concello de Meira. En todo caso, consérvase en bo estado un elevado volume documental. Aquela documentación referida ós impostos e ó control e xestión presupostaríos, dende 1904 con notable continuidade, é a máis abundante, xunto coa derivada da execución das obras municipais e do control sobre as que realizan os particulares.

  • Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.

  • Novos ingresos Transferencias anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental.

  • Organizació

    CADRO DE CLASIFICACIÓN
    
    1. GOBERNO
    
    1.1. CONCELLO / PLENO 1889-2000 85
    1.2. ALCALDE 1889-2000 97
    1.3. COMISIÓN DE GOBERNO/ PERMANENTE 1924-1999 153
    1.4. COMISIÓNS INFORMATIVAS E ESPECIAIS 1904-2002 27
    2. ADMINISTRACIÓN
    
    2.1. SECRETARÍA 1867-2006 53
    2.2. REXISTRO 1917-2001 114
    2.3. PATRIMONIO 1866-2000 49
    2.4. PERSOAL
     2.4.1. ADMINISTRACIÓN DE PERSOAL 1856-2003 70
     2.4.2. DISCIPLINA E CONTROL 1939-2002 10
     2.4.3. CLASES PASIVAS/ S.S./ MUTUALIDADES 1889-2002 15
     2.4.4. SELECCIÓN DE PERSOAL 1929-2000 60
     2.4.5. REPRESENTACIÓN DO PERSOAL 1934-2001 5
    2.5. SERVIZOS XURÍDICOS 1888-2002 17
    2.6. CONTRATACIÓN 1903-2001 27
    2.7. ARQUIVO 1944-2000 2
    3. SERVIZOS
    
    3.1.OBRAS E URBANISMO 1951-1953 10
     3.1.1. PLANEAMENTO 1957-2001 75
     3.1.2. PLANS DE OBRAS E SERVIZOS 1954-2001 34
     3.1.3. OBRAS MUNICIPAIS 1849-2002 210
     3.1.4. OBRAS PARTICULARES 1880-2000 1072
     3.1.5. INDUSTRIAS 1927-2001 89
    3.2. SERVIZOS AGROPECUARIOS E INDUSTRIAIS 1924-2002 19
    3.3. ABASTECEMENTOS E CONSUMOS 1924-1988 3
     3.3.1. ABASTOS E CONSUMOS 1936-1996 8
     3.3.2. MATADOIRO 1938-1993 3
     3.3.3. AUGA 1926-2001 13
     3.3.4. OMIC 1997-1998 1
     3.3.5. PÓSITO - -
    3.4. TRANSPORTES 1947-2001 5
    3.5. SEGURIDADE CIDADÁ 1909-2003 250
    3.6. SANIDADE 1842-2001 36
    3.7. BENEFICENCIA E ASISTENCIA SOCIAL 1850-2000 17
    3.8. EDUCACIÓN 1832-2002 13
    3.9. CULTURA 1933-2001 18
    3.10. DEPORTES 1957-2003 5
    3.11. POBOACIÓN 1904-2002 140
    3.12. QUINTAS E MILICIAS 1827-2000 66
    3.13. ELECCIÓNS 1928-2003 52
    4. FACENDA
    
    4.1. INTERVENCIÓN
     4.1.1. ASUNTOS XERAIS 1886-2001 3
     4.1.2. ORZAMENTOS ORDINARIOS 1818-2003 737
     4.1.3. PORZAMENTOS EXTRAORDINARIOS 1932-1979 15
     4.1.4. ORZAMENTOS DE INVERSIÓNS 1981-1985 5
    4.2. FINANCIACIÓN E TRIBUTACIÓN
     4.2.1. IMPOSTOS 1845-2003 366
     4.2.2. TAXAS 1913-2002 69
    4.3. TESOURERÍA
     4.3.1. CAIXA 1880-2002 35
     4.3.2. RECADACIÓN 1896-2001 96
     4.3.3. CONTAS BANCARIAS 1957-2002 6

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.

  • Condicións de reprodución Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade.

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.

  • Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación en papel, publicados e informatizados. Inventario somero en papel, publicado e informatizado, cun total de 4.591 rexistros. Inventario detallado en ficha e informatizado, cun total de 13.510 rexistros.

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo municipal.

  • Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes e de impostos...).

  • Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co concello e as súas actividades en arquivos doutras administracións do seu ameto xeográfico, especialmente no Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.

Área de notas

  • Nota Polas características propias da Institución, o Arquivo Municipal de Moaña exerce as funcións de arquivo central administrativo, arquivo intermedio e arquivo histórico.

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Moaña (Tema) (Creador)

Área de control da descrición