ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

DISCIPLINA E CONTROL

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36029.AM.MOA..1.2.4.2

  • Título DISCIPLINA E CONTROL

  • Data(s) 1939-2011 (Creación) 1939-2011 (Produción)

  • Volume e soporte 23 unidades de instalación con 63 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Moaña(1836-2015) O territorio do Concello de Moaña que se sitúa na comarca do Morrazo, ó oeste da provincia de Pontevedra, linda coa ría de Vigo e os concellos de Cangas, Vilaboa, Marín e Bueu. Ocupa unha superficie total superior ós trinta e catro quilómetros cadrados, con trinta e cinco entidades de poboación dispersas nas súas cinco parroquias: San Martiño de Moaña, Virxe do Carme de Moaña, Meira, Domaio e Tirán, nas que residen preto de dezaoito mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As parroquias de Moaña, Domaio e Tirán formaban parte da xurisdicción de Cangas con señorío do arcebispo de Santiago; pola súa parte, Meira constituía un couto por si mesmo con señorío do marqués de Valladares. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no partido xudicial de Pontevedra, chegaron a existir concellos en Meira, Domaio e Moaña. No ano 1836 créase o Concello de Meira na división establecida para o partido xudicial de Pontevedra, xunto cos concellos de Pontevedra, Vilaboa, Berducido, Bueu, Cangas, Marín e Poio. Daquela o concello de Meira establécese con catro parroquias (Meira, Moaña, Tirán e Domaio) e cunha poboación de 3.303 veciños. As modificacións reseñables que se produciron foron o cambio de denominación e capitalidade de Meira por Moaña, que se concede en 1874, e a segregación da parroquia da Virxe do Carme de Moaña, aprobada en 1955, da súa matriz San Martiño.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Moaña

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Esta 2ª división de sección está conformada por catro series documentais: 2.4.2.1.- Prevención de riscos laborais Coa Lei 31/1995 de prevención de riscos laborais xorden os servizos ou estudos de empresas para formar e informar aos traballadores sobre a prevención de riscos laborais e sobre os riscos específicos e medidas preventivas de seus postos de traballo. 2.4.2.2.- Control de horarios Documentos para o efectivo control da cumprimento do horario dos funcionarios: fichaxes, sinaturas… 2.4.2.3.- Licenzas, permisos e vacacións Solicitudes e expedientes tramitados en relación coas diversas modalidades de licenzas e permisos cos que conta o persoal municipal e coa súa oportuna xustificación, así como co control cadro de vacacións e o disfrute das mesmas polos traballadores. 2.4.2.4.- Expedientes disciplinarios Expediente que se tramita para sancionar a falta cometida por un traballador coa finalidade de resolver e sancionar no seu caso as posibles deficiencias nas actuacións e feitos cometidos. Contén documentos referidos ao seu inicio, notificacións, testemuñas e probas, alegacións e resolución emitida polo órgano establecido.

  • Organizació

    Esta 2ª división de sección, DISCIPLINA E CONTROL, está organizada nas seguintes series documentais, a saber:
    
    2.- ADMINISTRACIÓN:
    
    2.4.- PERSOAL
    
    2.4.2.- DISCIPLINA E CONTROL:
    
    2.4.2.1.- Prevención de riscos laborais
    2.4.2.2.- Control de horarios
    2.4.2.3.- Licenzas, permisos e vacacións
    2.4.2.4.- Expedientes disciplinarios

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Moaña (Tema) (Creador)

Área de control da descrición