Fondos
CLASES PASIVAS /S.S./MUTUALIDADES
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36029.AM.MOA..1.2.4.3
Título CLASES PASIVAS /S.S./MUTUALIDADES
Data(s) 1889-2002 (Creación) 1889-2002 (Produción)
Volume e soporte 25 unidades de instalación con 46 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Moaña(1836-2015) O territorio do Concello de Moaña que se sitúa na comarca do Morrazo, ó oeste da provincia de Pontevedra, linda coa ría de Vigo e os concellos de Cangas, Vilaboa, Marín e Bueu. Ocupa unha superficie total superior ós trinta e catro quilómetros cadrados, con trinta e cinco entidades de poboación dispersas nas súas cinco parroquias: San Martiño de Moaña, Virxe do Carme de Moaña, Meira, Domaio e Tirán, nas que residen preto de dezaoito mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As parroquias de Moaña, Domaio e Tirán formaban parte da xurisdicción de Cangas con señorío do arcebispo de Santiago; pola súa parte, Meira constituía un couto por si mesmo con señorío do marqués de Valladares. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no partido xudicial de Pontevedra, chegaron a existir concellos en Meira, Domaio e Moaña. No ano 1836 créase o Concello de Meira na división establecida para o partido xudicial de Pontevedra, xunto cos concellos de Pontevedra, Vilaboa, Berducido, Bueu, Cangas, Marín e Poio. Daquela o concello de Meira establécese con catro parroquias (Meira, Moaña, Tirán e Domaio) e cunha poboación de 3.303 veciños. As modificacións reseñables que se produciron foron o cambio de denominación e capitalidade de Meira por Moaña, que se concede en 1874, e a segregación da parroquia da Virxe do Carme de Moaña, aprobada en 1955, da súa matriz San Martiño.
Institución arquivística Arquivo municipal de Moaña
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Os expedientes desta división de sección derivan co carácter mutualista dos concellos respecto do seu persoal, para o cal teñen previsto un réxime de asistencia e cobertura socio-sanitaria, ben propio ou ben en colaboración con outras administracións. Neste ámbito ademais da axuda familiar e da concesión de bolsa, podemos atopar documentación relacionada coa Mutualidade nacional de previsión da Administración Local, coa Seguridade Social. 2.4.3.1.- Documentación da MUNPAL A Mutualidade Nacional de Previsión da Administración Local foi creada pola Lei 11/1960, de 12 de maio de 1960, e suprimiuse polo Real Decreto en 1993. Nese período xestiona os dereitos pasivos dos traballadores locais, as súas xubilacións e pensións e o outros dereitos adquiridos polos traballadores na súa vida laboral. 2.4.3.2.- Documentación da Seguridade Social O sistema de Seguridade Social configúrase a partir da Lei de Bases de 1963. Ten antecedentes dende 1900 coa Lei Dato, no ano 1908 creouse o Instituto Nacional de Previsión. Afecta ao persoal laboral e dende a supresión da MUNPAL e diversa medida a totalidade do persoal municipal, pasando a xestionar a asistencia sanitaria e as xubilacións e pensións. 2.4.3.3.- Asistencia sanitaria e farmacéutica asistencia médica Receitas farmacéuticas e documentación relacionada coa asistencia sanitaria ao persoal municipal e as axudas derivadas dese concepto. 2.4.3.4.- Expedientes persoais de pasivos Expedientes coa documentación relacionada con cada un dos traballadores que pasaron a condición de pasivos, logo do remate da súa vida laboral. 2.4.3.5.- Expedientes de pensións Expedientes relacionados coa tramitación das pensións de xubilación do persoal municipal e dos seus familiares beneficarios, no caso das pensións de viudedade, orfandade…etc 2.4.3.6.- Nóminas de pasivos Documentos relacionados cos pagamentos a persoal pasivo dos concellos, que serven de testemuña de abono de pensións e gratificacións recibidas
Organizació
Esta 2ª división de sección, CLASES PASIVAS/ S.S./ MUTUALIDADES, está formada polas seguintes series documentais, a saber: 2.- ADMINISTRACIÓN: 2.4.- PERSOAL: 2.4.3.- CLASES PASIVAS/ S.S./ MUTUALIDADES: 2.4.3.1.- Documentación da MUNPAL 2.4.3.2.- Documentación da Seguridade Social 2.4.3.3.- Asistencia sanitaria e farmacéutica 2.4.3.4.- Expedientes persoais de pasivos 2.4.3.5.- Expedientes de pensións 2.4.3.6.- Nóminas de pasivos
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Moaña (Tema) (Creador)