Fondos
SELECCIÓN DE PERSOAL
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36029.AM.MOA..1.2.4.4
Título SELECCIÓN DE PERSOAL
Data(s) 1929-2009 (Creación) 1929 - 2009 (Produción)
Volume e soporte 77 unidades de instalación con 192 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Moaña(1836-2015) O territorio do Concello de Moaña que se sitúa na comarca do Morrazo, ó oeste da provincia de Pontevedra, linda coa ría de Vigo e os concellos de Cangas, Vilaboa, Marín e Bueu. Ocupa unha superficie total superior ós trinta e catro quilómetros cadrados, con trinta e cinco entidades de poboación dispersas nas súas cinco parroquias: San Martiño de Moaña, Virxe do Carme de Moaña, Meira, Domaio e Tirán, nas que residen preto de dezaoito mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As parroquias de Moaña, Domaio e Tirán formaban parte da xurisdicción de Cangas con señorío do arcebispo de Santiago; pola súa parte, Meira constituía un couto por si mesmo con señorío do marqués de Valladares. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no partido xudicial de Pontevedra, chegaron a existir concellos en Meira, Domaio e Moaña. No ano 1836 créase o Concello de Meira na división establecida para o partido xudicial de Pontevedra, xunto cos concellos de Pontevedra, Vilaboa, Berducido, Bueu, Cangas, Marín e Poio. Daquela o concello de Meira establécese con catro parroquias (Meira, Moaña, Tirán e Domaio) e cunha poboación de 3.303 veciños. As modificacións reseñables que se produciron foron o cambio de denominación e capitalidade de Meira por Moaña, que se concede en 1874, e a segregación da parroquia da Virxe do Carme de Moaña, aprobada en 1955, da súa matriz San Martiño.
Institución arquivística Arquivo municipal de Moaña
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Esta 2ª División de sección 2.4.4. SELECCIÓN DE PERSOAL está composta por dúas series documentais: 2.4.4.1.- Expedientes de oposicións e concursos Expediente tramitado para a provisión de prazas de persoal mediante probas de selección nas súas modalidades de oposición, libre ou restrinxida, concurso-oposición ou simplemente concurso. Recollen habitualmente todo o proceso que vai dende a convocatoria, solicitudes, proceso de selección a proposta de nomeamento do persoal seleccionado. 2.4.4.2.- Solicitudes de emprego Instancia dirixida ao Alcalde na que se lle solicita un posto de traballo nas moitas dependencias ou actividades desenvoltas polos concellos
Organizació
Esta 2ª división de sección, SELECCIÓN DE PERSOAL, está organizada nas seguintes series documentais: 2.- ADMINISTRACIÓN: 2.4.- PERSOAL: 2.4.4.- SELECCIÓN DE PERSOAL: 2.4.4.1.- Expedientes de oposicións e concursos 2.4.4.2.- Solicitudes de emprego
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Moaña (Tema) (Creador)