Fondos
OBRAS E URBANISMO
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36029.AM.MOA..1.3.1
Título OBRAS E URBANISMO
Data(s) 1849-2007 (Creación) 1849 - 2017 (Produción)
Volume e soporte 1.656 unidades de instalación con 6.133 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Moaña(1836-2015) O territorio do Concello de Moaña que se sitúa na comarca do Morrazo, ó oeste da provincia de Pontevedra, linda coa ría de Vigo e os concellos de Cangas, Vilaboa, Marín e Bueu. Ocupa unha superficie total superior ós trinta e catro quilómetros cadrados, con trinta e cinco entidades de poboación dispersas nas súas cinco parroquias: San Martiño de Moaña, Virxe do Carme de Moaña, Meira, Domaio e Tirán, nas que residen preto de dezaoito mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As parroquias de Moaña, Domaio e Tirán formaban parte da xurisdicción de Cangas con señorío do arcebispo de Santiago; pola súa parte, Meira constituía un couto por si mesmo con señorío do marqués de Valladares. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no partido xudicial de Pontevedra, chegaron a existir concellos en Meira, Domaio e Moaña. No ano 1836 créase o Concello de Meira na división establecida para o partido xudicial de Pontevedra, xunto cos concellos de Pontevedra, Vilaboa, Berducido, Bueu, Cangas, Marín e Poio. Daquela o concello de Meira establécese con catro parroquias (Meira, Moaña, Tirán e Domaio) e cunha poboación de 3.303 veciños. As modificacións reseñables que se produciron foron o cambio de denominación e capitalidade de Meira por Moaña, que se concede en 1874, e a segregación da parroquia da Virxe do Carme de Moaña, aprobada en 1955, da súa matriz San Martiño.
Institución arquivística Arquivo municipal de Moaña
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Na 1ª División de sección Obras e Urbanismo atopase a documentación relativa á organización do espazo urbano dos concellos. Os documentos relativos á planificación do termo municipal, cos seus diferentes plans e proxectos urbanísticos. As licenzas de obras de nova planta, as modificacións en obras xa existentes, os derrubos, as segregacións de parcelas e as alineacións, con tódolos documentos relacionados coa obtención das licenzas para executar estas obras, os acordos municipais e os informes técnicos así como as titularidades. Ademais aqueles documentos relativos ás licenzas para exercer e instalar as diferentes actividades industriais e os seus establecementos.
Organizació
Esta 1ª división de sección, OBRAS E URBANISMO, está organizada nas seguintes divisións de sección e series documentais: 3.- SERVIZOS: 3.1.- OBRAS E URBANISMO: 3.1.1.- PLANIFICACIÓN: 3.1.1.1.- Expedientes de planificación 3.1.2.- PLANS DE OBRAS E SERVIZOS: 3.1.2.1.- Plans de obras e servizos 3.1.3.- OBRAS MUNICIPAIS: 3.1.3.1.- Expedientes xerais de obras municipais 3.1.3.2.- Expedientes de subvencións 3.1.3.3.- Prestación persoal 3.1.3.4.- Expedientes de obras na casa do concello 3.1.3.5.- Expedientes de obras en edificios municipais 3.1.3.6.- Apertura e pavimentación de rúas, camiños e prazas 3.1.3.7.- Expedientes de obras no mercado 3.1.3.8.- Expedientes de obras no matadoiro 3.1.3.9.- Expedientes de obras no cemiterio 3.1.3.10.- Expedientes de obras de traída de augas 3.1.3.11.- Expedientes de obras na rede de sumidoiros 3.1.3.12.- Expedientes de obras de iluminación pública 3.1.3.13.- Expedientes de obras en instalacións deportivas 3.1.3.14.- Expedientes de obras en parques e xardíns 3.1.3.15.- Expedientes de obras en centros escolares 3.1.3.16.- Expedientes de obras en fontes e lavadoiros 3.1.3.17.- Expedientes de obras na casa de cultura e biblioteca 3.1.3.18.- Expedientes de obras en centros de saúde 3.1.3.19.- Expedientes doutras obras 3.1.3.20.- Expedientes de obras na Autoestrada do Atlántico 3.1.3.21.- Expedientes de obras en canteiras 3.1.3.22.- Expedientes de aprobación de proxectos 3.1.3.23.- Documentación de portos, costas e praias 3.1.4.- OBRAS PARTICULARES: 3.1.4.1.- Libro rexistro de licenzas de obras 3.1.4.2.- Licenzas de obras a particulares 3.1.4.3.- Licenzas de obras a FENOSA 3.1.4.4.- Licenzas de obras a Telefónica 3.1.4.5.- Expedientes de declaracións de ruína 3.1.4.6.- Infraccións urbanísticas 3.1.4.7.- Informacións urbanísticas 3.1.4.8.- Certificacións urbanísticas 3.1.5.- INDUSTRIAS: 3.1.5.1.- Actividades molestas, nocivas, insalubres e perigosas 3.1.5.2.- Licenzas de apertura de establecementos 3.1.5.3.- Libro rexistro de industrias
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Moaña (Tema) (Creador)