Fondos
2. PLANS DE OBRAS E SERVIZOS
PLANS DE OBRAS E SERVIZOS
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36029.AM.MOA..1.3.1.2
Título PLANS DE OBRAS E SERVIZOS
Data(s) 1954-2005 (Creación) 1954-2005 (Produción)
Volume e soporte 40 unidades de instalación con 167 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Moaña(1836-2015) O territorio do Concello de Moaña que se sitúa na comarca do Morrazo, ó oeste da provincia de Pontevedra, linda coa ría de Vigo e os concellos de Cangas, Vilaboa, Marín e Bueu. Ocupa unha superficie total superior ós trinta e catro quilómetros cadrados, con trinta e cinco entidades de poboación dispersas nas súas cinco parroquias: San Martiño de Moaña, Virxe do Carme de Moaña, Meira, Domaio e Tirán, nas que residen preto de dezaoito mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As parroquias de Moaña, Domaio e Tirán formaban parte da xurisdicción de Cangas con señorío do arcebispo de Santiago; pola súa parte, Meira constituía un couto por si mesmo con señorío do marqués de Valladares. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no partido xudicial de Pontevedra, chegaron a existir concellos en Meira, Domaio e Moaña. No ano 1836 créase o Concello de Meira na división establecida para o partido xudicial de Pontevedra, xunto cos concellos de Pontevedra, Vilaboa, Berducido, Bueu, Cangas, Marín e Poio. Daquela o concello de Meira establécese con catro parroquias (Meira, Moaña, Tirán e Domaio) e cunha poboación de 3.303 veciños. As modificacións reseñables que se produciron foron o cambio de denominación e capitalidade de Meira por Moaña, que se concede en 1874, e a segregación da parroquia da Virxe do Carme de Moaña, aprobada en 1955, da súa matriz San Martiño.
Institución arquivística Arquivo municipal de Moaña
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Esta 2ª división de sección 3.1.2. PLANS DE OBRAS E SERVIZOS contén as seguintes series documentais: 3.1.2.1.- Plans de obras e servizos Acolle esta única serie a documentación xenerada no desenvolvemento da ampla variedade de plans de cooperación das obras e servizos de competencia municipal elaborados e aprobados pola Deputación Provincial, a fin de garantir as infraestruturas e servizos en todo o territorio provincial; van dende os tradicionais plans de camiños e plans provinciais de obras e servizos, até os máis recentes como, por exemplo, os plans de axudas urxentes, de acción comunitaria, de instalacións deportivas, de urbanismo, etc. Inclúense ademais, recentemente, os promovidos polas Comunidades Autónomas e os plans enmarcados nos programas da Comunidade Europea destinados a colaborar cos concellos no desenvolvemento de actuacións específicas de obras e servizos. Normalmente recolle a información sobre a convocatoria do oportuno plan e a solicitude cursada pola institución municipal, así como a derivada da súa xestión e control: informes, certificación de obras, informes diversos, correspondencia, impresos, estatísticas..etc
Organizació
Esta 2ª división de sección, PLANS DE OBRAS E SERVIZOS, está organizada nunha única serie documental: 3.- SERVIZOS: 3.1.- OBRAS E URBANISMO: 3.1.2.- PLANS DE OBRAS E SERVIZOS: 3.1.2.1.- Plans de obras e servizos
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Moaña (Tema) (Creador)