ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.278
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

ABASTECEMENTOS E CONSUMOS

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36029.AM.MOA..1.3.3

  • Título ABASTECEMENTOS E CONSUMOS

  • Data(s) 1924-2001 (Creación) 1924 - 2001 (Produción)

  • Volume e soporte 36 unidades de instalación con 99 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Moaña(1836-2015) O territorio do Concello de Moaña que se sitúa na comarca do Morrazo, ó oeste da provincia de Pontevedra, linda coa ría de Vigo e os concellos de Cangas, Vilaboa, Marín e Bueu. Ocupa unha superficie total superior ós trinta e catro quilómetros cadrados, con trinta e cinco entidades de poboación dispersas nas súas cinco parroquias: San Martiño de Moaña, Virxe do Carme de Moaña, Meira, Domaio e Tirán, nas que residen preto de dezaoito mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As parroquias de Moaña, Domaio e Tirán formaban parte da xurisdicción de Cangas con señorío do arcebispo de Santiago; pola súa parte, Meira constituía un couto por si mesmo con señorío do marqués de Valladares. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no partido xudicial de Pontevedra, chegaron a existir concellos en Meira, Domaio e Moaña. No ano 1836 créase o Concello de Meira na división establecida para o partido xudicial de Pontevedra, xunto cos concellos de Pontevedra, Vilaboa, Berducido, Bueu, Cangas, Marín e Poio. Daquela o concello de Meira establécese con catro parroquias (Meira, Moaña, Tirán e Domaio) e cunha poboación de 3.303 veciños. As modificacións reseñables que se produciron foron o cambio de denominación e capitalidade de Meira por Moaña, que se concede en 1874, e a segregación da parroquia da Virxe do Carme de Moaña, aprobada en 1955, da súa matriz San Martiño.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Moaña

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Esta 1ª División de sección 3.3. ABASTECEMENTOS E CONSUMOS, contén os seguintes grupos documentais 3.3.1.- ABASTOS E CONSUMOS 3.3.1.1.- Expedientes de abastos e consumos abastos / consumos A función dos concellos en materia de control e intendencia de abastecementos é unha das máis antigas encomendadas ós mesmos, comprendendo os expedientes de autorización de vendas e expedientes de declaración de existencias, as denuncias e infraccións en materia de consumo, estatísticas, establecementos comerciais libros rexistros de provedores, padróns de clientes de establecementos, liquidacións de subministros de establecementos, os aranceis –libros, as denuncias e o control das mercadorías, prezos e pesas e medidas. 3.3.1.2.- Expedientes de racionamentos Inclúe os rexistros de cartillas de racionamento, as propias cartillas e os censos de racionamento. Orde ministerial 14 maio 1939 estableceu un réxime de racionamento no pais para os produtos básicos de alimentación e de primeira necesidade. Vixente ata maio 1952. 3.3.1.3.- Expedientes de feiras e mercados O mercado municipal, en tanto que serie que exerce unha función complementaria da agrupación documental anterior, é considerada unha parcela importante de xestión do concello para garantir o abastecemento da poboación (lugar de compravenda de produtos), sendo tanto máis transcendente canto máis nos remontemos a épocas pasadas. No seu desenvolvemento contamos con expedientes e rexistros referidos á praza de abastos, ó mercado de gando así como ó propiamente denominado mercado ou alfóndega municipal, así como as feiras ou a venda ambulante. 3.3.1.4.- Lonxas municipais Documentación específica relacionada co funcionamento das lonxas municipais. 3.3.2.- MATADOIRO 3.3.2.1.- Documentación do matadoiro O matadoiro é outro servizo municipal que ten como finalidade o abastecemento de carne ou derivados á poboación mediante o sacrificio controlado de animais. A súa actividade está intimamente relacionada coa 1ª División de sección de sanidade, se ben nesta agrupación tan só incluiriamos aquela documentación referida ó matadoiro como lugar físico ou servizo municipal, non a referente ás matanzas domiciliarias nin ó control veterinario das reses. 3.3.3.- AUGA 3.3.3.1.- Documentación de auga O abastecemento de auga ós veciños é unha función básica de todo concello dada a importancia deste elemento en tanto que produto de consumo de primeira necesidade. Polo tanto, esta agrupación documental está destinada a recoller aquela documentación referida a abonos ó servizo de abastecemento de auga cando se tramiten independentemente ( documentación da empresa que ten adxudicado o servizo de subministro de auga, contratos de los abonados, altas, baixas…). Exclúense aquela documentación referente a obras de traídas de auga (3.1.3.), solicitudes de licencias de enganche á rede de abastecemento (3.1.4.) e padróns fiscais de cobro de taxas públicas por prestación do servizo incluíndo altas e baixas (4.2.2.), así como os partes de inspección de augas (3.6. e contratación do servizo (2.6.) 3.3.4.- OMIC 3.3.4.1.- Documentación da OMIC A Oficina Municipal de Información ó Consumidor é un departamento municipal de recente creación existente nalgúns concellos -posiblemente pola Lei Xeral de Defensa de Consumidores e Usuarios de 1984-, encamiñado a orientar e aconsellar ós habitantes en materia de consumo para defender os seus dereitos e intereses tanto económicos como sanitarios na materia, incluso por vía legal se fora preciso. 3.3.5.- PÓSITO 3.3.5.1.- Documentación do Pósito O Pósito agrícola é unha institución local nacida no século XVI que tivo como finalidade, nun primeiro momento, actuar como graneiro, especialmente de trigo, co obxecto de abastecer de pan á poboación, especialmente nas épocas de carestía e de prestar gran ós labregos, tanto para a semente como para o consumo nos meses de maior escaseza. Co tempo, constituíuse nunha institución de préstamo agrícola, mediante a cal os pequenos labregos podían suplir as carencias dunha mala colleita ou a compra de todo o necesario para a próxima así como comprar novas terras e sanear as súas rendas.

  • Organizació

    Esta 1ª división de sección, ABASTECEMENTOS E CONSUMOS, está organizada nas seguintes divisións de sección e series documentais:
    
    3.- SERVIZOS:
    
    3.3.- ABASTECEMENTOS E CONSUMOS:
    
    3.3.1.- ABASTOS E CONSUMOS:
    
    3.3.1.1.- Expedientes de abastos e consumos
    3.3.1.2.- Expedientes de racionamentos
    3.3.1.3.- Expedientes de feiras e mercados
    3.3.1.4.- Lonxas municipais
    
    3.3.2.- MATADOIRO:
    
    3.3.2.1.- Documentación do matadoiro
    
    3.3.3.- AUGA:
    
    3.3.3.1.- Documentación de auga
    
    3.3.4.- OMIC:
    
    3.3.4.1.- Documentación da OMIC
    
    3.3.5.- PÓSITO:
    
    3.3.5.1.- Documentación do Pósito

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Moaña (Tema) (Creador)

Área de control da descrición