ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

AUGA

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36029.AM.MOA..1.3.3.3

  • Título AUGA

  • Data(s) 1926-2001 (Creación) 1926-2001 (Produción)

  • Volume e soporte 17 unidades de instalación con 49 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Moaña(1836-2015) O territorio do Concello de Moaña que se sitúa na comarca do Morrazo, ó oeste da provincia de Pontevedra, linda coa ría de Vigo e os concellos de Cangas, Vilaboa, Marín e Bueu. Ocupa unha superficie total superior ós trinta e catro quilómetros cadrados, con trinta e cinco entidades de poboación dispersas nas súas cinco parroquias: San Martiño de Moaña, Virxe do Carme de Moaña, Meira, Domaio e Tirán, nas que residen preto de dezaoito mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As parroquias de Moaña, Domaio e Tirán formaban parte da xurisdicción de Cangas con señorío do arcebispo de Santiago; pola súa parte, Meira constituía un couto por si mesmo con señorío do marqués de Valladares. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no partido xudicial de Pontevedra, chegaron a existir concellos en Meira, Domaio e Moaña. No ano 1836 créase o Concello de Meira na división establecida para o partido xudicial de Pontevedra, xunto cos concellos de Pontevedra, Vilaboa, Berducido, Bueu, Cangas, Marín e Poio. Daquela o concello de Meira establécese con catro parroquias (Meira, Moaña, Tirán e Domaio) e cunha poboación de 3.303 veciños. As modificacións reseñables que se produciron foron o cambio de denominación e capitalidade de Meira por Moaña, que se concede en 1874, e a segregación da parroquia da Virxe do Carme de Moaña, aprobada en 1955, da súa matriz San Martiño.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Moaña

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido O abastecemento de auga ós veciños é unha función básica de todo concello dada a importancia deste elemento en tanto que produto de consumo de primeira necesidade. Polo tanto, esta agrupación documental está destinada a recoller aquela documentación referida a abonos ó servizo de abastecemento de auga cando se tramiten independentemente ( documentación da empresa que ten adxudicado o servizo de subministro de auga, contratos de los abonados, altas, baixas…). Exclúense aquela documentación referente a obras de traídas de auga (3.1.3.), solicitudes de licencias de enganche á rede de abastecemento (3.1.4.) e padróns fiscais de cobro de taxas públicas por prestación do servizo incluíndo altas e baixas (4.2.2.), así como os partes de inspección de augas (3.6. e contratación do servizo (2.6.)

  • Organizació

    Esta 2ª división de sección, AUGA, está organizada nunha única serie documental:
    
    3.- SERVIZO:
    
    3.3.- ABASTECEMENTOS E CONSUMOS:
    
    3.3.3.- AUGA:
    
    3.3.3.1.- Documentación de auga

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Moaña (Tema) (Creador)

Área de control da descrición