ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

SEGURIDADE CIDADÁ

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36029.AM.MOA..1.3.5

  • Título SEGURIDADE CIDADÁ

  • Data(s) 1909-2005 (Creación) 1909-00-00 - 2005-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte 447 unidades de instalación con 695 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Moaña(1836-2015) O territorio do Concello de Moaña que se sitúa na comarca do Morrazo, ó oeste da provincia de Pontevedra, linda coa ría de Vigo e os concellos de Cangas, Vilaboa, Marín e Bueu. Ocupa unha superficie total superior ós trinta e catro quilómetros cadrados, con trinta e cinco entidades de poboación dispersas nas súas cinco parroquias: San Martiño de Moaña, Virxe do Carme de Moaña, Meira, Domaio e Tirán, nas que residen preto de dezaoito mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As parroquias de Moaña, Domaio e Tirán formaban parte da xurisdicción de Cangas con señorío do arcebispo de Santiago; pola súa parte, Meira constituía un couto por si mesmo con señorío do marqués de Valladares. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no partido xudicial de Pontevedra, chegaron a existir concellos en Meira, Domaio e Moaña. No ano 1836 créase o Concello de Meira na división establecida para o partido xudicial de Pontevedra, xunto cos concellos de Pontevedra, Vilaboa, Berducido, Bueu, Cangas, Marín e Poio. Daquela o concello de Meira establécese con catro parroquias (Meira, Moaña, Tirán e Domaio) e cunha poboación de 3.303 veciños. As modificacións reseñables que se produciron foron o cambio de denominación e capitalidade de Meira por Moaña, que se concede en 1874, e a segregación da parroquia da Virxe do Carme de Moaña, aprobada en 1955, da súa matriz San Martiño.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Moaña

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido 1ª División de sección referida á función dos concellos de salvagardar e protexer a integridade física e moral da súa poboación de calquera tipo de agresión, independentemente da súa causa, ben sexa de natureza humana ou catastrófica. 3.5.1.- Depósito de detidos Documentación dos depósitos de detidos, tamén denominados como cárceres ou calabozos municipais. 3.5.2.- Policía municipal. Orde pública Agrupación de series relacionadas coas actuacións municipais en materia de orde público, entre elas o funcionamento e actuacións da policía local. A policía local ten como misión protexer o libre exercicio dos dereitos das persoas e garantir o normal desenvolvemento da convivencia, a seguridade cidadá e a seguridade vial. 3.5.3.- Catástrofes. Protección Civil Documentación do servizo de protección civil, que ten coma orixe o establecemento das Xefaturas Locais de Defensa Pasiva nas poboacións de máis de 20.000 habitantes que non foran capitais de provincia en 1941, sendo substituídas polas Xefaturas Locais de Protección Civil en 1960, abarcando toda as localidades con esa poboación. Así mesmo, coa democracia e o Estado das autonomías, este servizo tentou ser relanzado en tódalas localidades, cando menos dotándoo dunha funcionalidade mínima en tódolos concellos. Por outra banda, toda aquela documentación referida a catástrofes naturais sufridas polos veciños e bens materiais existentes no concello (inmobles, cultivos, vías de comunicación,...) tales como inundacións, incendios forestais, sarabia, nevaradas e outras similares van incluídas dentro desta serie xenérica baixo o epígrafe de catástrofes. Outro servizo relacionado coa protección e seguridade da poboación é o constituído polas actividades desenvoltas polos bombeiros, concibindo neste termo tanto os bombeiros propiamente ditos como, por extensión, as cuadrillas de extinción de incendios forestais. Como norma xeral, a súa documentación debe ser encadrada dentro desta serie independentemente do seu contido manténdose unida toda a documentación referida a unha campaña de extinción de incendios forestais (tramitación da subvención, contratación de persoal, adquisición de materiais, etc...). 3.5.4.- Expedientes de multas e denuncias Recolle os expedientes de multas que abranguen calquera tipo de expediente ou documento de sanción imposta pola policía local en calquera ámbito ou servizo, cando aparecen de xeito específico e illado sen formar parte dun expediente máis amplo, e por extensión calquera multa imposta no concello agás as de competencia do alcalde que teñen o seu apartado específico. O mesmo podemos dicir dos expedientes de denuncias, coa mesmas peculiaridades que o caso das multas. 3.5.5.- Expedientes de emigración As funcións encomendadas ós concellos en relación ó control e regulación dos movementos migratorios no seu territorio, tanto cara ó interior como cara ó exterior, son escasas posto que a maior parte das prerrogativas no tema son exercidas polo goberno central. Non obstante, en determinados períodos históricos, os concellos foron unha primeira instancia de control dos fluxos migratorios, xerando no exercicio de tal actividade determinados expedientes e rexistros que deben ser encadrados dentro desta serie xenérica. 3.5.6.- Atestados Documentos oficiais en que se dá fe dun feito. 3.5.7.- Certificacións de boa conduta Certificacións emitidas polo concello, con informes de alcaldes ou alcaldes de barrio ou da policía local, acreditando bos comportamentos. 3.5.8.- Libro rexistro de denuncias Rexistro de denuncias. 3.5.9.- Libro rexistro de multas Rexistro de multas. 3.5.10.- Prestación de traballo en beneficio da Comunidade Documentación xustificativa de cumprimento de penas menores realizando traballos en beneficio da comunidade, normalmente froito dun convenio entre o concello e a administración de xustiza.

  • Organizació

    Esta 1ª división de sección, SEGURIDADE CIDADÁ, contén as seguintes series documentais:
    
    3.- SERVIZO:
    
    3.5.- SEGURIDADE CIDADÁ
    
    3.5.1.- Depósito de detidos
    3.5.2.- Policía municipal. Orde pública
    3.5.3.- Catástrofes. Protección Civil
    3.5.4.- Expedientes de multas e denuncias
    3.5.5.- Expedientes de emigración
    3.5.6.- Atestados
    3.5.7.- Certificacións de boa conduta
    3.5.8.- Libro rexistro de denuncias
    3.5.9.- Libro rexistro de multas
    3.5.10.- Prestación de traballo en beneficio da Comunidade

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Moaña (Tema) (Creador)

Área de control da descrición