Fondos
1. Xunta Local de Sanidade
-
1.411/1. Expediente do Consello Municipal de Sanidade. Correspondencia (1940-1969)
-
1.411/2. Expediente do Consello Municipal de Sanidade. Correspondencia (1972-1989)
-
1.412/1. Expediente do Consello Municipal de Sanidade. Correspondencia (1990-1994)
-
1.412/4. Expediente da Xunta Municipal de Sanidade. Actas (1842-1905)
-
1.412/5. Expediente do Consello Municipal de Sanidade. Actas de toma de posesión (1925-1983)
-
1.412/6. Libro de actas da Xunta Municipal de Sanidade (1901)
-
1.412/7. Libro de actas da Xunta Municipal de Sanidade (1905)
-
1.413/1. Expediente do Consello Municipal de Sanidade. Actas de constitución (1955)
-
1.413/2. Expediente do Consello Municipal de Sanidade. Constitución (1976)
Xunta Local de Sanidade
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36029.AM.MOA..1.3.6.1
Título Xunta Local de Sanidade
Data(s) 1842-1994 (Creación) 1901-1901 (Produción)
Volume e soporte 3 unidades de instalación con 9 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Moaña(1836-2015) O territorio do Concello de Moaña que se sitúa na comarca do Morrazo, ó oeste da provincia de Pontevedra, linda coa ría de Vigo e os concellos de Cangas, Vilaboa, Marín e Bueu. Ocupa unha superficie total superior ós trinta e catro quilómetros cadrados, con trinta e cinco entidades de poboación dispersas nas súas cinco parroquias: San Martiño de Moaña, Virxe do Carme de Moaña, Meira, Domaio e Tirán, nas que residen preto de dezaoito mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As parroquias de Moaña, Domaio e Tirán formaban parte da xurisdicción de Cangas con señorío do arcebispo de Santiago; pola súa parte, Meira constituía un couto por si mesmo con señorío do marqués de Valladares. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no partido xudicial de Pontevedra, chegaron a existir concellos en Meira, Domaio e Moaña. No ano 1836 créase o Concello de Meira na división establecida para o partido xudicial de Pontevedra, xunto cos concellos de Pontevedra, Vilaboa, Berducido, Bueu, Cangas, Marín e Poio. Daquela o concello de Meira establécese con catro parroquias (Meira, Moaña, Tirán e Domaio) e cunha poboación de 3.303 veciños. As modificacións reseñables que se produciron foron o cambio de denominación e capitalidade de Meira por Moaña, que se concede en 1874, e a segregación da parroquia da Virxe do Carme de Moaña, aprobada en 1955, da súa matriz San Martiño.
Institución arquivística Arquivo municipal de Moaña
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Órgano colexiado existente en tódolos concellos, presidido polo alcalde e formado por concelleiros e persoal sanitario que presta servizo no territorio municipal, encargado de xestionar e definir as actuacións en materia de sanidade. Documentalmente consérvase alo menos o Libro de actas de sesións da Xunta Local de Sanidade e, as veces, expedientes de sesións da propia Xunta Local de Sanidade con documentos tratados en cada sesión.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Moaña (Tema) (Creador)