Fondos
ES.GA.36038.ADPO.9.. FAMILIA MOSQUERA
-
12.934/1. Escritura de foro do Mosteiro de San Domingos de Bonaval
-
12.934/4. Escritura de venda de José e María Antonia de la Iglesia
-
12.934/12. Escritura de venda de María Florentina Miranda a Matías Mosquera
-
12.934/14. Testemuño de Francisco de la Iglesia sobre a perda da gran
-
12.934/18. Permuta entre Teresa Iglesia e Pedro Iglesia de dúas leiras
-
12.934/20. Escritura de venda de Antonio Leborán a Juan Iglesias da leira Agra Vella
-
12.934/23. Trocos e permutas entre Matías Mosquera e Juan Mariño
-
12.934/24. Escritura de venda de Juan Miranda a Matías Mosquera
-
12.934/25. Escritura de venda de Juan Miranda a Matías Mosquera
-
12.934/26. Escritura de venda de Julián de la Iglesia a Gabriel Suárez para súa neta María Suárez
-
12.934/29. Permutas de varias propiedades entre Matías Mosquera e Juan Bentosa.
-
12.934/30. Permuta entre Matías Mosquera e Juan Mariño en nome de Fernando Barreiro
-
12.934/31. Dote de Julián López para o seu fillo Juan Antonio por casamento con Teresa de la Iglesia
-
12.934/32. Escritura de venda de Juan Bentosa a Matías Mosquera
-
12.934/35. Contrato de arrendamento dos bens de Andrés e Julian Bruzos
-
12.934/37. Escritura de venda a Matias Mosquera dunha leira polos fillos de Antonio Leborán
-
12.934/38. Escritura de venda de Ignacio Bruzos a Matías Mosquera dunha leira no lugar de Quintas
-
12.934/43. Escritura de venda de José de la Iglesia a Matías Mosquera de varias herdades
-
12.934/44. Escritura de venda a Matias Mosquera das herdades de montes pertencentes a Ignacio Bruzos
-
12.934/45. Permuta entre Matías Mosquera e Juan Bentosa de varias herdades
-
12.934/47. Escritura de venda de Juan Fernández y Salbado ao seu irmán Fernando
-
12.934/51. Escritura de troco e permuta entre Matías Mosquera e Manuela Vidal e o seu marido
-
12.934/54. Escritura de venda de María Vidal y Freire a Matías Mosquera y Martínez
-
12.934/57. Escritura de redención de subforo que Matías Mosquera tenía con Casilda Pérez Santamarina
-
12.934/58. Escritura de redención de foro de Sebastián Risco
-
12.934/63. Préstamo a Rosa Garabal y García de Andrés Mosquera Blanco de douscentos reais
-
12.934/66. Préstamo a Juan Miramontes Botana por parte de Matías Mosquera Suárez de cen pesetas
-
12.934/69. Escritura de venda de Juana Farto Iglesias a Andrés Mosquera Blanco
-
12.934/70. Escritura de troco e permuta entre Andrés Mosquera e Suárez e Antonio Barreiro e Freire
-
12.934/71. Escritura de venda de Manuel Miranda a Andrés Mosquera dunha herdade no lugar de Loureiro
-
12.934/74. Escritura de venda de Juana Farto Iglesias e Andrea Farto a Andrés Mosquera Blanco
-
12.934/75. Testamento de Manuela Pérez y Blanco ao seu curmán Andrés Mosquera Blanco
-
12.934/82. Testamento outorgado por D. Andrés Mosquera Blanco
-
12.934/83. Escritura de venda de Roque Leborán a Matías Mosquera Suárez de tres herdades de monte
-
12.934/85. Préstamo a Andrés Mosquera Blanco de Adrián Torreira Genton
-
12.934/95. Dote de Andrés Mosquera Blanco á súa filla Andrea Mosquera Suárez
-
12.934/96. Relación dos bens que posúen os herdeiros de Andrés Mosquera no foral de Cisneros.
-
12.934/97. Escritura de venda de Manuel Miranda Bruzos a Matías Mosquera Suárez de tres herdades
-
12.934/98. Escritura de venda de Elías Bermúdez Cotón a Matías Mosquera Suárez dunha herdade a monte
-
12.934/101. Cesión de Juan López Alonso ao seu cuñado José Baltar Vilar dos bens da súa difunta irmá
-
12.934/102. Escritura de testamento outorgada por Dona María Mosquera Suárez
-
12.934/107. Escritura de venda de Manuela Cotón Vigo a Andrés Mosquera dunha leira chamada Lagos
-
12.934/110. Escritura de venda de Fernando Ferreiro e Andrés Mosquera dun monte en Vilamaior
-
12.934/111. Escritura de testamento outorgada por D. Matias Mosquera Suárez
-
12.934/112. Redención de Foro do lugar de Quintáns e Loureiro por parte de Andrés Mosquera e outros
-
12.934/119. Certificación do cupo de partilla correspondente a María Suárez,
-
12.934/122. Plano da finca nº 1, do Polígono 4 do concello de Enfesta
-
12.934/125. Datos de evolución xenealóxica da Familia Mosquera
FAMILIA MOSQUERA
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.9.
Título FAMILIA MOSQUERA
Data(s) 1674-1961 (Creación) 1674-00-00 - 1961-00-00 (Produción)
Volume e soporte 1 unidade de instalación con 126 agrupaciós documentais en soporte papel na súa totalidade.
Área de contexto
Nome do produtor Familia Mosquera(S.XVII-S.XX) Correspóndelle á familia Mosquera, radicada no contorno da cidade de Santiago e nos concellos de Arzúa e Enfesta. Contén testemuños dende Matías Mosquera Martínez e algúns antecedentes relativos ás súas propiedades e foros. Continúa a saga con Andrés Mosquera Blanco, Matías Mosquera Suárez, Andrés Mosquera Leborán e José Mosquera Pérez, ós que corresponde a totalidade dos fondos agás algúns relativos a familiares políticos. José Mosquera Pérez naceu no concello de Enfesta. Estudiou Humanidades e Maxisterio en Santiago e entregouse á causa galeguista. Nos anos trinta popularizou o personaxe “O vello dos contos” na Unión Radio Galicia, facendo campaña polo Estatuto de Galicia en 1936. Foi membro correspondente da Real Academia Galega e morreu en 1965.
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Historia arquivística Esta documentación foi entregada en depósito por Bernardo J. Mosquera Souto, interventor desta Deputación, nos anos previos á súa xubilación. A súa organización, baixo a dirección técnica de Miguel Pereira Figeroa, correspondeu aos técnicos do Arquivo César Manuel López Marras, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo e José Luis Castro Carpintero. Finalmente foi dixitalizada esta documentación dentro do porxecto eDepo. "Dixitalización de fontes documentais, gráficas, sonoras e audiovisuais da Deputación de Pontevedra e os concellos da provincia".
Forma do ingreso Depósito
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Contén información sobre foros e modificación do patrimonio familiar de interese para o estudo da historia económica de Galicia.
Valoración, selección e eliminación Non se realizou ningún expurgo. Conservación total polo carácter testimonial e informativo.
Novos ingresos Fondo pechado.
Organizació
Colección documental ordenada segundo un criterio cronolóxico.
Área de condicións de acceso e utilización
Condicións que rexen o acceso O acceso é libre, coas restricións impostas na lexislación estatal e autonómica, é dicir, os documentos que conteñen datos persoais ou que afecten á intimidade das persoas.
Condicións de reprodución A reprodución está limitada polas condicións de conservación.
CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Estado de conservación da documentación: bo.
Instrumentos de descrición Base de datos en ATOM cun total de 126 rexistros.
Área de documentación
Existencia e localización de copias Documentos dixitalizados na súa totalidade en 2013, cun total de 1.034 imaxes.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Familia Mosquera (Tema) (Creador)