Fondos
8. Libro de actas do Pleno
-
5.711/1. Cartas ordes soltas e demais papeis de diferentes asuntos e varios anos (1702-1707)
-
5.712/1. Cartas ordes soltas e demais papeis de diferentes asuntos e varios anos (1711 - 1751)
-
5.713/1. Cartas ordes soltas e demais papeis de diferentes asuntos e varios anos (1746 - 1747)
-
5.714/1. Cartas ordes soltas e demais papeis de diferentes asuntos e varios anos (1755 - 1758)
-
5.714/2. Cartas ordes soltas e demais papeis de diferentes asuntos e varios anos (1762 - 1765)
-
5.717/2. Cartas ordes soltas e demais papeis de diferentes asuntos e varios anos (1744)
Libro de actas do Pleno
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36055.AM.TUI.1.1.1.8
Título Libro de actas do Pleno
Data(s) 1597-2001 (Creación) 1597-00-00 - 2001-00-00 (Produción)
Volume e soporte 110 unidades de instalación con 272 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Tui(1836-) O concello de Tui sitúase no sur da provincia de Pontevedra, dentro da comarca natural do Baixo Miño, lindando con Portugal do que o separa o antedito río, e cos concellos de Salceda de Caselas, O Porriño, Gondomar, Salvaterra de Miño e Tomiño. Conta cunha extensión superior ós 66 quilómetros cadrados, distribuídos nas doce parroquias: Areas, Baldráns, Caldelas, Guillarei, Malvas, Paramos, Pazos de Reis, Pexegueiro, Randufe, Rebordáns, Ribadelouro e Tui, cun total de cento sesenta e unha entidades de poboación, nas que residen máis de dezaseis mil habitantes. A carga histórica da cidade é abrumadora, pasando de capitalidade de diocese romana a corte do reino de Galicia na dominación sueva e goda; posteriormente será capitalidade da provincia do mesmo nome ata a configuración constitucional de 1836. Ó mesmo tempo é sede da diocese eclesiástica e capitalidade do partido xudicial. O territorio do actual concello dependía no antigo réxime da xurisdicción de Tui e de Pexegueiro, ámbalas dúas con señorío do bispo de Tui. Nos períodos liberais chegaron a funcionar concellos nos anteditos lugares ata a definitiva configuración. O concello constitucional de Tui constitúese en 1836, dentro do seu partido xudicial, coa mesma configuración física que conserva na actualidade, anque con tres parroquias menos: Rebordáns que aparece dentro da cidade de Tui, e Randufe e Pazos de Reis que apareceran como tales en 1903; esta última constituirase como Entidade Local Menor o 9 de agosto de 1926.
Institución arquivística Arquivo municipal de Tui
Área de contido e estrutura
Alcance e contido O libro de actas é un documento formal, en papel oficial foliado, dilixenciado de apertura e peche, que recolle as transcricións oficiais, legais e auténticas das distintas sesións do Pleno do concello, asinadas no mínimo polo secretario e o Alcalde . Son un instrumento público solemne, que contén as actas estendidas polo Secretario para dar fe dos asuntos tratados e dos acordos adoptados nas sesións celebradas pola Corporación. O Pleno está integrado por todos os concelleiros e é presidido polo Alcalde. O número de concelleiros que haberá de elixirse para cada concello depende da poboación que habite no seu termo municipal.
Área de documentación
Existencia e localización de copias Fondos documentais dixitalizados no Proxecto ARPAD. Imaxes dispoñibles para consulta e descarga en:http://arquivo.galiciana.gal
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Tui (Tema) (Creador)