Fondos
REXISTRO
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36055.AM.TUI.1.2.2
Título REXISTRO
Data(s) 1847 - 2021 (Creación) 2002 - (Produción) - 2018 (Produción)
Volume e soporte 98 unidades de instalación con 220 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Tui(1836-) O concello de Tui sitúase no sur da provincia de Pontevedra, dentro da comarca natural do Baixo Miño, lindando con Portugal do que o separa o antedito río, e cos concellos de Salceda de Caselas, O Porriño, Gondomar, Salvaterra de Miño e Tomiño. Conta cunha extensión superior ós 66 quilómetros cadrados, distribuídos nas doce parroquias: Areas, Baldráns, Caldelas, Guillarei, Malvas, Paramos, Pazos de Reis, Pexegueiro, Randufe, Rebordáns, Ribadelouro e Tui, cun total de cento sesenta e unha entidades de poboación, nas que residen máis de dezaseis mil habitantes. A carga histórica da cidade é abrumadora, pasando de capitalidade de diocese romana a corte do reino de Galicia na dominación sueva e goda; posteriormente será capitalidade da provincia do mesmo nome ata a configuración constitucional de 1836. Ó mesmo tempo é sede da diocese eclesiástica e capitalidade do partido xudicial. O territorio do actual concello dependía no antigo réxime da xurisdicción de Tui e de Pexegueiro, ámbalas dúas con señorío do bispo de Tui. Nos períodos liberais chegaron a funcionar concellos nos anteditos lugares ata a definitiva configuración. O concello constitucional de Tui constitúese en 1836, dentro do seu partido xudicial, coa mesma configuración física que conserva na actualidade, anque con tres parroquias menos: Rebordáns que aparece dentro da cidade de Tui, e Randufe e Pazos de Reis que apareceran como tales en 1903; esta última constituirase como Entidade Local Menor o 9 de agosto de 1926.
Institución arquivística Arquivo municipal de Tui
Área de contido e estrutura
Alcance e contido O control dos documentos que se recibían ou se envían a persoas físicas ou xurídicas e a outras institucións exerceuse durante o Antigo Réxime dende a escribanía o a secretaría xeral mediante a redacción de diversos rexistros. A aparición do rexistro xeral como oficina propia con persoalidade e funcións definidas está ligada a transformación administrativa iniciada en 1837 e plasmada en 1872, desenvolta especialmente na lei de bases de 1899 e todas as que lle seguen especialmente o regulamento de organización de 1952 e 1986. Esta actividade xenera as seguintes series documentais: 2.2.1.- Libro rexistro de expedientes Rexistro para anotar os expedientes tramitados no concello, e no seu caso, o fluxo administrativo dos mesmos. 2.2.2.- Libro rexistro de entrada de documentos Documento de rexistros no que se asenta todo escrito ou documentación oficial que se presente o reciba na entidade local, cos datos identificativos de procedencia, número de orde, data de entrada, resumo do documento e tramitación cursada. A partires de 1982 comeza a realizarse informaticamente, antes sempre en libro encadernado. 2.2.3.- Libro rexistro de saída de documentos Relación que garante a constancia da saída dos documentos que foron despachados definitivamente polo concello, con datos de destinatario, data, e resumo do documento. A partires de 1982 comeza a realizarse informaticamente, antes sempre en libro encadernado. 2.2.4.- Libro rexistro de anuncios no BOE Rexistro de anuncios remitidos para publicar en Boletíns Oficiais 2.2.5.- Rexistro de documentos Serie creada nalgúns arquivos para recoller aqueles documentos orixinais enviados ou recibidos (copia dos propios documentos de saída e fotocopia dos de entrada), ordenados por número de orde. 2.2.6.- Portelo único Documentación producida neste servizo que permite aos cidadáns presentar nas oficinas do concello a documentación administrativa dirixida á Xunta de Galicia e outras institucións da Comunidade Autónoma. As funcións que comprende son: -Rexistro xeral de escritos, solicitudes ou comunicacións dirixidas a calquera órgano da Administración Autonómica de Galicia. -Información xeral da Administración Autonómica de Galicia. -Información particular sobre aqueles expedientes administrativos tramitados por instancia de parte ante a Administración Autonómica de Galicia, nos que o solicitante sexa o interesado. -Acceso ao rexistro xeral de contratistas da Comunidade Autónoma. Ademais aparecen máis, ocasionalmente, outros rexistros para temas ou asuntos concretos, debidamente identificados na súa denominación: 2.2.7.- Libro rexistro de poderes e autorizacións Rexistro de poderes e autorizacións. 2.2.8.- Libro rexistro de notificacións notificación Rexistro de notificacións. 2.2.9.- Libro rexistro de comunicacións comunicación Rexistro de comunicacións. 2.2.10.- Libro copiador de oficios Rexistro de oficios. 2.2.11.- Libro rexistro de disposicións Rexistro de disposicións. 2.2.12.- Libro rexistro de xiros Rexistro de xiros. 2.2.13.- Libro rexistro de telegramas telegrama Rexistro de telegramas.
Organizació
Esta 1ª división de sección, REXISTRO, está organizada nas seguintes series documentais: 2.- ADMINISTRACIÓN: 2.2.- REXISTRO: 2.2.1.- Libro rexistro de expedientes 2.2.2.- Libro rexistro de entrada de documentos 2.2.3.- Libro rexistro de saída de documentos 2.2.4.- Libro rexistro de anuncios no BOE 2.2.5.- Rexistro de documentos 2.2.6.- Portelo único 2.2.7.- Libro rexistro de poderes e autorizacións 2.2.8.- Libro rexistro de notificacións 2.2.9.- Libro rexistro de comunicacións 2.2.10.- Libro copiador de oficios 2.2.11.- Libro rexistro de disposicións 2.2.12.- Libro rexistro de xiros 2.2.13.- Libro rexistro de telegramas
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Tui (Tema) (Creador)