Fondos
7. Expedientes de expropiacións
-
233/1. Expediente de expropiación de terreo de José Benito Sobrino no barrio de Remuíños (1879)
-
233/5. Expediente de expropiación para ensanche de camiño da estrada Vincios -Castro (1948)
-
233/7. Expediente de expropiación de fincas para ensanche da estrada N-550 Vigo - Tui (1968)
-
3.235/7. Expediente de expropiación forzosa de terreos municipais (1995-1996)
-
4.817/3. Expediente de expropiación forzosa das obras incluidas no Programa INTERREG II (2001-2002)
-
6.166/2. Expediente de expropiacións para a realización da obra VAC Tui - A Guarda (2015)
Expedientes de expropiacións
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36055.AM.TUI.1.2.3.7
Título Expedientes de expropiacións
Data(s) 1879 - 2017 (Creación) 2005 - (Produción) - 2017 (Produción)
Volume e soporte 1 agrupación documental
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Tui(1836-) O concello de Tui sitúase no sur da provincia de Pontevedra, dentro da comarca natural do Baixo Miño, lindando con Portugal do que o separa o antedito río, e cos concellos de Salceda de Caselas, O Porriño, Gondomar, Salvaterra de Miño e Tomiño. Conta cunha extensión superior ós 66 quilómetros cadrados, distribuídos nas doce parroquias: Areas, Baldráns, Caldelas, Guillarei, Malvas, Paramos, Pazos de Reis, Pexegueiro, Randufe, Rebordáns, Ribadelouro e Tui, cun total de cento sesenta e unha entidades de poboación, nas que residen máis de dezaseis mil habitantes. A carga histórica da cidade é abrumadora, pasando de capitalidade de diocese romana a corte do reino de Galicia na dominación sueva e goda; posteriormente será capitalidade da provincia do mesmo nome ata a configuración constitucional de 1836. Ó mesmo tempo é sede da diocese eclesiástica e capitalidade do partido xudicial. O territorio do actual concello dependía no antigo réxime da xurisdicción de Tui e de Pexegueiro, ámbalas dúas con señorío do bispo de Tui. Nos períodos liberais chegaron a funcionar concellos nos anteditos lugares ata a definitiva configuración. O concello constitucional de Tui constitúese en 1836, dentro do seu partido xudicial, coa mesma configuración física que conserva na actualidade, anque con tres parroquias menos: Rebordáns que aparece dentro da cidade de Tui, e Randufe e Pazos de Reis que apareceran como tales en 1903; esta última constituirase como Entidade Local Menor o 9 de agosto de 1926.
Institución arquivística Arquivo municipal de Tui
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Expediente de privación a unha persoa da titularidade dun ben ou dun dereito, dándolle a cambio unha indemnización. Efectúase por motivos de utilidade pública o interese social previstos nas leis. Moitas veces a documentación custodiada forma parte dun expediente iniciado por outra administración para unha obra que afecta a máis concellos. Inclúe documentos sobre a obra a realizar e sobre a xustificación da expropiación e sobre a identificación dos bens afectados e os seus propietarios.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Tui (Tema) (Creador)