Fondos
PERSOAL
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36055.AM.TUI.1.2.4
Título PERSOAL
Data(s) 1869 - 2012 (Creación) 1874 - (Produción) - 2022 (Produción)
Volume e soporte 440 unidades de instalación con 2.306 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Tui(1836-) O concello de Tui sitúase no sur da provincia de Pontevedra, dentro da comarca natural do Baixo Miño, lindando con Portugal do que o separa o antedito río, e cos concellos de Salceda de Caselas, O Porriño, Gondomar, Salvaterra de Miño e Tomiño. Conta cunha extensión superior ós 66 quilómetros cadrados, distribuídos nas doce parroquias: Areas, Baldráns, Caldelas, Guillarei, Malvas, Paramos, Pazos de Reis, Pexegueiro, Randufe, Rebordáns, Ribadelouro e Tui, cun total de cento sesenta e unha entidades de poboación, nas que residen máis de dezaseis mil habitantes. A carga histórica da cidade é abrumadora, pasando de capitalidade de diocese romana a corte do reino de Galicia na dominación sueva e goda; posteriormente será capitalidade da provincia do mesmo nome ata a configuración constitucional de 1836. Ó mesmo tempo é sede da diocese eclesiástica e capitalidade do partido xudicial. O territorio do actual concello dependía no antigo réxime da xurisdicción de Tui e de Pexegueiro, ámbalas dúas con señorío do bispo de Tui. Nos períodos liberais chegaron a funcionar concellos nos anteditos lugares ata a definitiva configuración. O concello constitucional de Tui constitúese en 1836, dentro do seu partido xudicial, coa mesma configuración física que conserva na actualidade, anque con tres parroquias menos: Rebordáns que aparece dentro da cidade de Tui, e Randufe e Pazos de Reis que apareceran como tales en 1903; esta última constituirase como Entidade Local Menor o 9 de agosto de 1926.
Institución arquivística Arquivo municipal de Tui
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A documentación que recolle esta 1ª división de sección contempla todo o relativo ao persoal funcionario e laboral, a súa disciplina e control, á seguridade social, clases pasivas e asuntos das mutualidades, á selección de persoal e ás relacións laborais e actividade sindical. Esta documentación é un elemento esencial para coñecer o funcionamento da administración e ten un especial interese para a defensa de dereitos e intereses dos traballadores, xa que deixan constancia dos servizos prestados e da súa relación coa administración ao longo da súa vida profesional.
Organizació
Esta 1ª división de sección, PERSOAL, está organizada nas seguintes series documentais: 2.4.- PERSOAL: 2.4.1.- ADMINISTRACIÓN DE PERSOAL: 2.4.1.1.- Correspondencia de persoal 2.4.1.2.- Cadros de persoal 2.4.1.3.- Expedientes de persoal municipal 2.4.1.4.- Expedientes de persoal sanitario 2.4.1.5.- Expedientes de persoal contratado 2.4.1.6.- Convenios INEM. Cursos de formación 2.4.1.7.- Nóminas. Retribucións 2.4.1.8.- Expedientes de axuda familiar 2.4.1.9.- Libro de matrícula de persoal 2.4.2.- DISCIPLINA E CONTROL: 2.4.2.1.- Prevención de riscos laborais 2.4.2.2.- Control de horarios 2.4.2.3.- Licenzas, permisos e vacacións 2.4.2.4.- Expedientes disciplinarios 2.4.3.- CLASES PASIVAS/ S.S./ MUTUALIDADES: 2.4.3.1.- Documentación da MUNPAL 2.4.3.2.- Documentación da Seguridade Social 2.4.3.3.- Asistencia sanitaria e farmacéutica 2.4.3.4.- Expedientes persoais de pasivos 2.4.3.5.- Expedientes de pensións 2.4.3.6.- Nóminas de pasivos 2.4.4.- SELECCIÓN DE PERSOAL: 2.4.4.1.- Expedientes de oposicións e concursos 2.4.4.2.- Solicitudes de emprego 2.4.5.- REPRESENTACIÓN DO PERSOAL: 2.4.5.1.- Representación do persoal
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Tui (Tema) (Creador)