Fondos
1. ADMINISTRACIÓN DE PERSOAL
ADMINISTRACIÓN DE PERSOAL
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36055.AM.TUI.1.2.4.1
Título ADMINISTRACIÓN DE PERSOAL
Data(s) 1869 - 2011 (Creación) 1874 - (Produción) - 2022 (Produción)
Volume e soporte 358 unidades de instalación con 1.673 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Tui(1836-) O concello de Tui sitúase no sur da provincia de Pontevedra, dentro da comarca natural do Baixo Miño, lindando con Portugal do que o separa o antedito río, e cos concellos de Salceda de Caselas, O Porriño, Gondomar, Salvaterra de Miño e Tomiño. Conta cunha extensión superior ós 66 quilómetros cadrados, distribuídos nas doce parroquias: Areas, Baldráns, Caldelas, Guillarei, Malvas, Paramos, Pazos de Reis, Pexegueiro, Randufe, Rebordáns, Ribadelouro e Tui, cun total de cento sesenta e unha entidades de poboación, nas que residen máis de dezaseis mil habitantes. A carga histórica da cidade é abrumadora, pasando de capitalidade de diocese romana a corte do reino de Galicia na dominación sueva e goda; posteriormente será capitalidade da provincia do mesmo nome ata a configuración constitucional de 1836. Ó mesmo tempo é sede da diocese eclesiástica e capitalidade do partido xudicial. O territorio do actual concello dependía no antigo réxime da xurisdicción de Tui e de Pexegueiro, ámbalas dúas con señorío do bispo de Tui. Nos períodos liberais chegaron a funcionar concellos nos anteditos lugares ata a definitiva configuración. O concello constitucional de Tui constitúese en 1836, dentro do seu partido xudicial, coa mesma configuración física que conserva na actualidade, anque con tres parroquias menos: Rebordáns que aparece dentro da cidade de Tui, e Randufe e Pazos de Reis que apareceran como tales en 1903; esta última constituirase como Entidade Local Menor o 9 de agosto de 1926.
Institución arquivística Arquivo municipal de Tui
Área de contido e estrutura
Alcance e contido No Antigo Réxime as formas de provisión dos postos de traballo na función pública variaron ao longo dos séculos desde a venda ao sorteo, o arrendamento, as herdanzas, as eleccións, designacións, concursos, até finais do século XIX no que se racionalizan en forma de oposicións, concursos, concurso-oposición e libres designacións. 2.4.1.1.- Correspondencia de persoal Correspondencia xeral recibida ou emitida no Servizo de Persoal na súa relación cos traballadores, con outros servizos ou con outras administracións, organismos e institucións 2.4.1.2.- Cadros de persoal Relación de postos de traballo que o concello reserva ao persoal funcionario, laboral ou eventual. Inclúe os expedientes da oferta pública de emprego, que se tramita para dar publicidade ás prazas que están vacantes, tanto laborais como funcionarios, no cadro de persoal do concello. 2.4.1.3.- Expedientes de persoal municipal Reflicte as incidencias da vida laboral do funcionario durante o tempo de prestación dos seus servizos ao concello. En teoría debería ou podería conter os datos relativos a súa situación persoal e familiar, formación e experiencia profesional, premios, felicitacións e sancións; adscrición a determinado posto de traballo, excedencias, xubilacións e antigüidade; permisos, licenzas retribuídas, sentenzas, réxime asistencial, cotizacións á seguridade social, á MUNPAL e calquera incidencia ocorrida no decurso do desenvolvemento da súa relación laboral coa administración. 2.4.1.4.- Expedientes de persoal sanitario Documentación relacionada co persoal sanitario (médicos, veterinarios, farmacéuticos, matronas...) que presta os seus servizos no termo municipal. Normalmente son comunicacións da administración central ou autonómica relacionadas cos seus nomeamentos, cesamentos ou asuntos relevantes, así como as aquela que deriva da súa vida laboral: vacantes, vacacións, permisos…etc 2.4.1.5.- Expedientes de persoal contratado Testemuños da relación laboral dos distintos traballadores que non detenten a condición de funcionarios e está suxeitos a lexislación laboral. Estes se plasman en contratos de diversas modalidades e con diversas temporalidade, así como nas múltiples incidencias derivadas desta relación laboral. 2.4.1.6.- Convenios INEM. Cursos de formación Serie que recolle o proceso específico de contratación de persoal laboral mediante convenios subscritos co Instituto Nacional de Emprego e, en datas posteriores, co Servizo Galego de Emprego ou nos distintos plans para contratación convocados pola administración central e autonómica, destinados a determinados colectivos, grupos de idade ou persoal en paro. Así mesmo inclúe os cursos de formación para persoal en paro, que recolle a documentación relacionada co desenvolvemento dos mesmos. Entre eles destacan as escolas obradoiro ou escolas taller, incluíndo a documentación económica, pedagóxica e o control dos alumnos. 2.4.1.7.- Nóminas. Retribucións Documentos relacionados coas retribucións diversas recibidas polos traballadores, especialmente as nóminas, complementos diversos, pagas extras, gratificacións, horas extraordinarias e outros. 2.4.1.8.- Expedientes de axuda familiar Documentación relacionada co concepto retributivo do persoal municipal de axuda familiar de conformidade coa situación de cada un. Tramitada co obxecto de facilitar as condicións familiares dos traballadores locais. 2.4.1.9.- Libro de matrícula de persoal A lexislación obriga aos empregadores de traballadores a levar en orde e ao día un Libro de Matrícula no que serán inscritos todos os seus traballadores no momento en que inicien a prestación de servizos. Cando exista máis dun centro de traballo levaranse tantos Libros de Matrícula como centros haxa. As inscricións dos traballadores no Libro de Matrícula deberán efectuarse na forma e cos requisitos que se determinan nas instrucións que se insiran no modelo oficial de dito Libro. En todo caso, deberá constar o número da Seguridade Social, deberán asinalo no momento que inicien a prestación de servizos e cando se produza un cambio na súa categoría profesional. As baixas de traballadores anotaranse no lugar que corresponda cronoloxicamente, ademais de indicarse a data da baixa na inscrición inicial de alta o do cambio de categoría profesional. Os libros de matrícula usan modelo oficial e se habilitarán nas Inspeccións Provinciais de Traballo e Seguridade Social.
Organizació
Esta 2ª división de sección, ADMINISTRACIÓN DE PERSOAL, está organizada nas seguintes series documentais: 2.- ADMINISTRACIÓN: 2.4.- PERSOAL: 2.4.1.- ADMINISTRACIÓN DE PERSOAL: 2.4.1.1.- Correspondencia de persoal 2.4.1.2.- Cadros de persoal 2.4.1.3.- Expedientes de persoal municipal 2.4.1.4.- Expedientes de persoal sanitario 2.4.1.5.- Expedientes de persoal contratado 2.4.1.6.- Convenios INEM. Cursos de formación 2.4.1.7.- Nóminas. Retribucións 2.4.1.8.- Expedientes de axuda familiar 2.4.1.9.- Libro de matrícula de persoal
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Tui (Tema) (Creador)