Fondos
4. Poxas de madeira
-
286/3. Venda de madeira producida pola poda das árbores do paseo (1881)
-
291/1. Expedientes de poxas de aproveitamentos madeirables (1971)
-
291/2. Expedientes de poxas de aproveitamentos madeirables (1972)
-
291/3. Expedientes de poxas de aproveitamentos madeirables (1973)
-
295/1. Expedientes de poxas de aproveitamentos madeirables (1979)
-
295/3. Expedientes de poxas de aproveitamentos madeirables (1981)
-
3.872/22. Poxa de madeiras a favor de José Antonio Fernández Martínez (1970)
Poxas de madeira
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36055.AM.TUI.1.2.6.4
Título Poxas de madeira
Data(s) 1875-1981 (Creación) 1875 - (Produción) - 1980 (Produción)
Volume e soporte 11 unidades de instalación con 68 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Tui(1836-) O concello de Tui sitúase no sur da provincia de Pontevedra, dentro da comarca natural do Baixo Miño, lindando con Portugal do que o separa o antedito río, e cos concellos de Salceda de Caselas, O Porriño, Gondomar, Salvaterra de Miño e Tomiño. Conta cunha extensión superior ós 66 quilómetros cadrados, distribuídos nas doce parroquias: Areas, Baldráns, Caldelas, Guillarei, Malvas, Paramos, Pazos de Reis, Pexegueiro, Randufe, Rebordáns, Ribadelouro e Tui, cun total de cento sesenta e unha entidades de poboación, nas que residen máis de dezaseis mil habitantes. A carga histórica da cidade é abrumadora, pasando de capitalidade de diocese romana a corte do reino de Galicia na dominación sueva e goda; posteriormente será capitalidade da provincia do mesmo nome ata a configuración constitucional de 1836. Ó mesmo tempo é sede da diocese eclesiástica e capitalidade do partido xudicial. O territorio do actual concello dependía no antigo réxime da xurisdicción de Tui e de Pexegueiro, ámbalas dúas con señorío do bispo de Tui. Nos períodos liberais chegaron a funcionar concellos nos anteditos lugares ata a definitiva configuración. O concello constitucional de Tui constitúese en 1836, dentro do seu partido xudicial, coa mesma configuración física que conserva na actualidade, anque con tres parroquias menos: Rebordáns que aparece dentro da cidade de Tui, e Randufe e Pazos de Reis que apareceran como tales en 1903; esta última constituirase como Entidade Local Menor o 9 de agosto de 1926.
Institución arquivística Arquivo municipal de Tui
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Conxunto diverso de documentos relacionados cos poxas dos produtos resultantes da explotación dos montes municipais no período en que a titularidade dos mesmos non era comunal, senón municipal.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Tui (Tema) (Creador)