ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

OBRAS PARTICULARES

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36055.AM.TUI.1.3.1.4

  • Título OBRAS PARTICULARES

  • Data(s) 1878-2016 (Creación) 1878 - 2022 (Produción)

  • Volume e soporte 1.483 unidades de instalación con 15.455 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Tui(1836-) O concello de Tui sitúase no sur da provincia de Pontevedra, dentro da comarca natural do Baixo Miño, lindando con Portugal do que o separa o antedito río, e cos concellos de Salceda de Caselas, O Porriño, Gondomar, Salvaterra de Miño e Tomiño. Conta cunha extensión superior ós 66 quilómetros cadrados, distribuídos nas doce parroquias: Areas, Baldráns, Caldelas, Guillarei, Malvas, Paramos, Pazos de Reis, Pexegueiro, Randufe, Rebordáns, Ribadelouro e Tui, cun total de cento sesenta e unha entidades de poboación, nas que residen máis de dezaseis mil habitantes. A carga histórica da cidade é abrumadora, pasando de capitalidade de diocese romana a corte do reino de Galicia na dominación sueva e goda; posteriormente será capitalidade da provincia do mesmo nome ata a configuración constitucional de 1836. Ó mesmo tempo é sede da diocese eclesiástica e capitalidade do partido xudicial. O territorio do actual concello dependía no antigo réxime da xurisdicción de Tui e de Pexegueiro, ámbalas dúas con señorío do bispo de Tui. Nos períodos liberais chegaron a funcionar concellos nos anteditos lugares ata a definitiva configuración. O concello constitucional de Tui constitúese en 1836, dentro do seu partido xudicial, coa mesma configuración física que conserva na actualidade, anque con tres parroquias menos: Rebordáns que aparece dentro da cidade de Tui, e Randufe e Pazos de Reis que apareceran como tales en 1903; esta última constituirase como Entidade Local Menor o 9 de agosto de 1926.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Tui

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Esta 2ª división de sección, OBRAS PARTICULARES, está compsota polas seguintes series documentais: 3.1.4.1.- Libro rexistro de licenzas de obras Rexistro destinado a anotar as licenzas de obras concedidas polo órgano competente do concello , logo do oportuno expediente tramitado ao efecto. Recollen os datos básicos para a identificación de cada unha delas. 3.1.4.2.- Licenzas de obras a particulares Expediente que se tramita para levar a cabo obras de titularidade particular e que se tramitan para comprobar a legalidade e adecuación da obra á normativa vixente. Poden ser: Licenzas de obras maiores: expediente que se tramita para levar a cabo una obra nova, ampliación ou modificación, demolición, legalización, urbanización, cambio de titularidade particular. Licenzas de obras menores: expediente que se tramita para levar a cabo reforma de elementos (tellado, pintar portal ou escaleira), reforma en vivenda (cambiar aparellos sanitarios, cambiar carpintaría interior, solar, alicatar, etc.) e para instalar lápida de sepultura. Tamén obra menor en vía pública (instalación de anuncios, valado, gabias e canalizacións subterráneas..) Licenza de primeira ocupación: conxunto de actuacións que se seguen para autorizar a ocupación dunha vivenda, unha vez finalizada a construción. Expediente de segregación: conxunto de actuacións que se seguen para autorizar a separación dunha parcela de terreo da súa leira matriz 3.1.4.3.- Licenzas de obras a FENOSA Serie destinada a individualizar os expedientes de concesión de licenzas de obras a FENOSA, para tendidos de alta, media e baixa tensión, colocación de postes, centros de transformación etc. 3.1.4.4.- Licenzas de obras a Telefónica Serie destinada a individualizar os expedientes de concesión de licenzas de obras a TELEFÓNICA, para tendidos de telefónicos, colocación de postes e outras obras necesarias. 3.1.4.5.- Expedientes de declaracións de ruína Expediente que se tramita para verificar o estado de conservación dun inmoble e determinar a necesidade ou non da súa demolición. 3.1.4.6.- Infraccións urbanísticas Expediente que se tramita con motivo da infracción de obras cometida por un cidadán, ben por construción sen licenza ou ben por non axustarse as condicións previstas na súa concesión. 3.1.4.7.- Informacións urbanísticas Informes emitidos polos técnicos municipais a solicitude dos cidadáns sobre asuntos urbanísticos: condicións de edificabilidade, liña de construción, calificacións urbanísticas. 3.1.4.8.- Certificacións urbanísticas Certificacións emitidas en base aos informes emitidos polos técnicos municipais a solicitude dos cidadáns sobre asuntos urbanísticos.

  • Organizació

    Esta 2ª división de sección, OBRAS PARTICULARES, está organizada nas seguintes series documentais:
    
    3.- SERVIZOS:
    
    3.1.- OBRAS E URBANISMO:
    
    3.1.4.- OBRAS PARTICULARES:
    
    3.1.4.1.- Libro rexistro de licenzas de obras
    3.1.4.2.- Licenzas de obras a particulares
    3.1.4.3.- Licenzas de obras a FENOSA
    3.1.4.4.- Licenzas de obras a Telefónica
    3.1.4.5.- Expedientes de declaracións de ruína
    3.1.4.6.- Infraccións urbanísticas
    3.1.4.7.- Informacións urbanísticas
    3.1.4.8.- Certificacións urbanísticas

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Tui (Tema) (Creador)

Área de control da descrición