ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.133
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

AUGA

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36055.AM.TUI.1.3.3.3

  • Título AUGA

  • Data(s) 1906-1999 (Creación) 1906 - 2014 (Produción)

  • Volume e soporte 15 unidades de instalación con 68 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Tui(1836-) O concello de Tui sitúase no sur da provincia de Pontevedra, dentro da comarca natural do Baixo Miño, lindando con Portugal do que o separa o antedito río, e cos concellos de Salceda de Caselas, O Porriño, Gondomar, Salvaterra de Miño e Tomiño. Conta cunha extensión superior ós 66 quilómetros cadrados, distribuídos nas doce parroquias: Areas, Baldráns, Caldelas, Guillarei, Malvas, Paramos, Pazos de Reis, Pexegueiro, Randufe, Rebordáns, Ribadelouro e Tui, cun total de cento sesenta e unha entidades de poboación, nas que residen máis de dezaseis mil habitantes. A carga histórica da cidade é abrumadora, pasando de capitalidade de diocese romana a corte do reino de Galicia na dominación sueva e goda; posteriormente será capitalidade da provincia do mesmo nome ata a configuración constitucional de 1836. Ó mesmo tempo é sede da diocese eclesiástica e capitalidade do partido xudicial. O territorio do actual concello dependía no antigo réxime da xurisdicción de Tui e de Pexegueiro, ámbalas dúas con señorío do bispo de Tui. Nos períodos liberais chegaron a funcionar concellos nos anteditos lugares ata a definitiva configuración. O concello constitucional de Tui constitúese en 1836, dentro do seu partido xudicial, coa mesma configuración física que conserva na actualidade, anque con tres parroquias menos: Rebordáns que aparece dentro da cidade de Tui, e Randufe e Pazos de Reis que apareceran como tales en 1903; esta última constituirase como Entidade Local Menor o 9 de agosto de 1926.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Tui

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Esta 2ª División de sección, AUGA, contén unha única serie documental: 3.3.3.1.- Documentación de auga O abastecemento de auga ós veciños é unha función básica de todo concello dada a importancia deste elemento en tanto que produto de consumo de primeira necesidade. Polo tanto, esta agrupación documental está destinada a recoller aquela documentación referida a abonos ó servizo de abastecemento de auga cando se tramiten independentemente ( documentación da empresa que ten adxudicado o servizo de subministro de auga, contratos de los abonados, altas, baixas…). Exclúense aquela documentación referente a obras de traídas de auga (3.1.3.), solicitudes de licenzas de enganche á rede de abastecemento (3.1.4.) e padróns fiscais de cobro de taxas públicas por prestación do servizo incluíndo altas e baixas (4.2.2.), así como os partes de inspección de augas (3.6. e contratación do servizo (2.6.)

  • Organizació

    Esta 2ª división de sección, AUGA, está organizada nas seguintes series documentais:
    
    3.- SERVIZOS:
    
    3.3.- ABASTECEMENTOS E CONSUMOS:
    
    3.3.3.- AUGA:
    
    3.3.3.1.- Documentación de auga

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Tui (Tema) (Creador)

Área de control da descrición