ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.204
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Expedientes de asistencia social

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36055.AM.TUI.1.3.7.4

  • Título Expedientes de asistencia social

  • Data(s) 1958-2015 (Creación) 2011 - 2017 (Produción)

  • Volume e soporte 12 unidades de instalación con 34 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Tui(1836-) O concello de Tui sitúase no sur da provincia de Pontevedra, dentro da comarca natural do Baixo Miño, lindando con Portugal do que o separa o antedito río, e cos concellos de Salceda de Caselas, O Porriño, Gondomar, Salvaterra de Miño e Tomiño. Conta cunha extensión superior ós 66 quilómetros cadrados, distribuídos nas doce parroquias: Areas, Baldráns, Caldelas, Guillarei, Malvas, Paramos, Pazos de Reis, Pexegueiro, Randufe, Rebordáns, Ribadelouro e Tui, cun total de cento sesenta e unha entidades de poboación, nas que residen máis de dezaseis mil habitantes. A carga histórica da cidade é abrumadora, pasando de capitalidade de diocese romana a corte do reino de Galicia na dominación sueva e goda; posteriormente será capitalidade da provincia do mesmo nome ata a configuración constitucional de 1836. Ó mesmo tempo é sede da diocese eclesiástica e capitalidade do partido xudicial. O territorio do actual concello dependía no antigo réxime da xurisdicción de Tui e de Pexegueiro, ámbalas dúas con señorío do bispo de Tui. Nos períodos liberais chegaron a funcionar concellos nos anteditos lugares ata a definitiva configuración. O concello constitucional de Tui constitúese en 1836, dentro do seu partido xudicial, coa mesma configuración física que conserva na actualidade, anque con tres parroquias menos: Rebordáns que aparece dentro da cidade de Tui, e Randufe e Pazos de Reis que apareceran como tales en 1903; esta última constituirase como Entidade Local Menor o 9 de agosto de 1926.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Tui

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Os expedientes de asistencia social abranguen de novo un amplo listado de series específicas que se poden xerar no seu seo, seguindo Os expedientes de prestación social como expedientes tramitados polos concellos para atender calquera tipo de demanda asistencial dos seus veciños -orfos, anciáns, menores, discapacitados, pobres, entre outras moitas-, por si ou ante outras administracións, entendendo o concepto de prestación social en sentido amplo. Os expedientes de adxudicación e rehabilitación de vivendas, elaborados coa finalidade de adxudicar as vivendas de protección oficial e similares por parte dos concellos así como de tramitar axudas para rehabilitar vivendas en estado precario ou con propietarios con escasos recursos económicos, independentemente do organismo de que proveñan. Expedientes de subvencións, nos cales habería que encadrar toda aquela documentación referente á tramitación de subvencións por parte das corporacións locais ante outras administracións co obxectivo de financiar os seus programas de asistencia social. En moitas ocasións, os centros sociais como por exemplo centros da terceira idade, centros de día, residencias de anciáns, etc..., dependen organicamente dos concellos polo cal xeran unha documentación específica cun desenvolvemento especial en función das súas actividades que debe ser organizada e descrita segundo esas características peculiares. O mesmo podemos dicir das fundacións, promovidas e patrocinadas polos concellos como un medio de involucrar a outros sectores e organismos sociais, públicos ou privados, para potenciar a atención e cobertura das demandas existentes nos municipios en materia de asistencia social.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Tui (Tema) (Creador)

Área de control da descrición