Fondos
2. Expedientes de educación
-
3.691/4. Inventario de material de Escola Pública de Malvas (1894-1985)
-
3.691/7. Inventario de materiais da Escola Mixta de Malvas (1896)
-
3.691/8. Inventario de material da Escola de Pexegueiro (1897)
-
3.693/2. Acta de inventario de material de Instituto Laboral de Tui (1951)
-
3.694/2. Relación de analfabetos existentes no Concello de Tui (1970)
-
3.690/10. Orixinais das contas da Escola Pública de nenos de Tui (1879-1884)
-
3.690/11. Informe da Comisión de Instrucción Pública de informes de comportamento (1880)
-
3.690/12. Certificación do exame de profesorado de instrucción primaria do distrito de Tui (1884)
-
3.691/24. Ex inventarios de Escolas de Tui, Pazos de Reis e Frinxo (1908)
Expedientes de educación
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36055.AM.TUI.1.3.8.2
Título Expedientes de educación
Data(s) 1878-2009 (Creación) 1878 - (Produción) - 2020 (Produción)
Volume e soporte 17 unidades de instalación con 209 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Tui(1836-) O concello de Tui sitúase no sur da provincia de Pontevedra, dentro da comarca natural do Baixo Miño, lindando con Portugal do que o separa o antedito río, e cos concellos de Salceda de Caselas, O Porriño, Gondomar, Salvaterra de Miño e Tomiño. Conta cunha extensión superior ós 66 quilómetros cadrados, distribuídos nas doce parroquias: Areas, Baldráns, Caldelas, Guillarei, Malvas, Paramos, Pazos de Reis, Pexegueiro, Randufe, Rebordáns, Ribadelouro e Tui, cun total de cento sesenta e unha entidades de poboación, nas que residen máis de dezaseis mil habitantes. A carga histórica da cidade é abrumadora, pasando de capitalidade de diocese romana a corte do reino de Galicia na dominación sueva e goda; posteriormente será capitalidade da provincia do mesmo nome ata a configuración constitucional de 1836. Ó mesmo tempo é sede da diocese eclesiástica e capitalidade do partido xudicial. O territorio do actual concello dependía no antigo réxime da xurisdicción de Tui e de Pexegueiro, ámbalas dúas con señorío do bispo de Tui. Nos períodos liberais chegaron a funcionar concellos nos anteditos lugares ata a definitiva configuración. O concello constitucional de Tui constitúese en 1836, dentro do seu partido xudicial, coa mesma configuración física que conserva na actualidade, anque con tres parroquias menos: Rebordáns que aparece dentro da cidade de Tui, e Randufe e Pazos de Reis que apareceran como tales en 1903; esta última constituirase como Entidade Local Menor o 9 de agosto de 1926.
Institución arquivística Arquivo municipal de Tui
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Agrupación de series relacionadas coa actividade educativa e o mantemento dos centros escolares. Deste xeito, contamos cos expedientes de escolarización referidos á admisión e matriculación de alumnos nos respectivos centros de ensinanza;, censos de alumnos, partes ou libros de asistencia escolar, padróns de analfabetos, libros rexistros de mestres, .... Por outra parte inclúe a documentación referida ós centros escolares: expedientes de creación, de reforma, de aluguer de escola ou casa de mestre, de traslado, de supresión e de peche de escolas, entre outros procesos que poden sufrir os centros escolares, coa conseguinte presenza da súa serie específica.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Tui (Tema) (Creador)