ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

DEPORTES

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36055.AM.TUI.1.3.10

  • Título DEPORTES

  • Data(s) 1967-2013 (Creación) 1967 - 2017 (Produción)

  • Volume e soporte 23 unidades de instalación con 225 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Tui(1836-) O concello de Tui sitúase no sur da provincia de Pontevedra, dentro da comarca natural do Baixo Miño, lindando con Portugal do que o separa o antedito río, e cos concellos de Salceda de Caselas, O Porriño, Gondomar, Salvaterra de Miño e Tomiño. Conta cunha extensión superior ós 66 quilómetros cadrados, distribuídos nas doce parroquias: Areas, Baldráns, Caldelas, Guillarei, Malvas, Paramos, Pazos de Reis, Pexegueiro, Randufe, Rebordáns, Ribadelouro e Tui, cun total de cento sesenta e unha entidades de poboación, nas que residen máis de dezaseis mil habitantes. A carga histórica da cidade é abrumadora, pasando de capitalidade de diocese romana a corte do reino de Galicia na dominación sueva e goda; posteriormente será capitalidade da provincia do mesmo nome ata a configuración constitucional de 1836. Ó mesmo tempo é sede da diocese eclesiástica e capitalidade do partido xudicial. O territorio do actual concello dependía no antigo réxime da xurisdicción de Tui e de Pexegueiro, ámbalas dúas con señorío do bispo de Tui. Nos períodos liberais chegaron a funcionar concellos nos anteditos lugares ata a definitiva configuración. O concello constitucional de Tui constitúese en 1836, dentro do seu partido xudicial, coa mesma configuración física que conserva na actualidade, anque con tres parroquias menos: Rebordáns que aparece dentro da cidade de Tui, e Randufe e Pazos de Reis que apareceran como tales en 1903; esta última constituirase como Entidade Local Menor o 9 de agosto de 1926.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Tui

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Esta 1ª División de sección recolle a documentación relacionada coas funcións dos concellos no eido deportivo, tanto no que ten que ver co funcionamento e co mantemento das instalación deportivas (pavillóns, piscinas e outros), como coa organización e coa celebración de actividades deportivas diversas ou coa a subvención das entidades deportivas do concello e das actividades das mesmas. 3.10.1.- Expedientes de actividades deportivas Agrupación de series coa documentación relacionada coas actividades deportivas, subvencións e funcionamento dos centros deportivos.

  • Organizació

    Esta 1ª división de sección, DEPORTES, está organizada nunha única serie documental:
    
    3.- SERVIZOS:
    
    3.10.- DEPORTES:
    
    3.10.1.- Expedientes de actividades deportivas

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Tui (Tema) (Creador)

Área de control da descrición