Fondos
INTERVENCIÓN
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36055.AM.TUI.1.4.1
Título INTERVENCIÓN
Data(s) 1845 - 2009 (Creación) 1845 - (Produción) - 2009 (Produción)
Volume e soporte 1.228 unidades de instalación con 2.089 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Tui(1836-) O concello de Tui sitúase no sur da provincia de Pontevedra, dentro da comarca natural do Baixo Miño, lindando con Portugal do que o separa o antedito río, e cos concellos de Salceda de Caselas, O Porriño, Gondomar, Salvaterra de Miño e Tomiño. Conta cunha extensión superior ós 66 quilómetros cadrados, distribuídos nas doce parroquias: Areas, Baldráns, Caldelas, Guillarei, Malvas, Paramos, Pazos de Reis, Pexegueiro, Randufe, Rebordáns, Ribadelouro e Tui, cun total de cento sesenta e unha entidades de poboación, nas que residen máis de dezaseis mil habitantes. A carga histórica da cidade é abrumadora, pasando de capitalidade de diocese romana a corte do reino de Galicia na dominación sueva e goda; posteriormente será capitalidade da provincia do mesmo nome ata a configuración constitucional de 1836. Ó mesmo tempo é sede da diocese eclesiástica e capitalidade do partido xudicial. O territorio do actual concello dependía no antigo réxime da xurisdicción de Tui e de Pexegueiro, ámbalas dúas con señorío do bispo de Tui. Nos períodos liberais chegaron a funcionar concellos nos anteditos lugares ata a definitiva configuración. O concello constitucional de Tui constitúese en 1836, dentro do seu partido xudicial, coa mesma configuración física que conserva na actualidade, anque con tres parroquias menos: Rebordáns que aparece dentro da cidade de Tui, e Randufe e Pazos de Reis que apareceran como tales en 1903; esta última constituirase como Entidade Local Menor o 9 de agosto de 1926.
Institución arquivística Arquivo municipal de Tui
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A intervención municipal encárgase da planificación e programación da actividade económica; controla e fiscaliza a xestión económica-financeira e presupostaria; e coordina as actividades contables da Entidade. Ao longo do século XIX as funcións da Intervención foron asumidas polo Contador, que pasaría a denominarse Interventor, quedando esta función acumulada nos pequenos concellos á figura do secretario-interventor.
Organizació
Esta 1ª división de sección, INTERVENCIÓN, está organizada nas seguintes divisións de sección e series documentais: 4.- FACENDA: 4.1.- INTERVENCIÓN: 4.1.1.- ASUNTOS XERAIS: 4.1.1.1.- Expedientes xerais de Intervención 4.1.1.2.- Declaracións IVE e IRPF 4.1.1.3.- Xunta Municipal de Asociados 4.1.1.4.- Tribunal de Contas 4.1.1.5.- Informes e certificacións de Intervención 4.1.1.6.- Decretos de ordenación de gastos 4.1.1.7.- Rexistro de entrada e saída de Intervención 4.1.2.- PRESUPOSTO ORDINARIOS: 4.1.2.1.- Expedientes de financiamento. Créditos 4.1.2.2.- Expediente xeral do presuposto ordinario 4.1.2.3.- Estatísticas presupostarias 4.1.2.4.- Expediente xeral do presuposto Padroádego Municipal Monte Santa Trega 4.1.2.5.- Expediente xeral do presuposto da Fundación Pública de Servizos Deportivos Municipais 4.1.2.6.- Expediente xeral do presuposto do Padroádego de Turismo 4.1.3.- PRESUPOSTOS EXTRAORDINARIOS: 4.1.3.1.- Expediente xeral do presuposto extraordinario 4.1.4.- PRESUPOSTOS DE INVESTIMENTOS: 4.1.4.1. Expediente xeral do presuposto de investimentos
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Tui (Tema) (Creador)