ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

TAXAS

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36055.AM.TUI.1.4.2.2

  • Título TAXAS

  • Data(s) 1914 - 2020 (Creación) 1914 - 2020 (Produción)

  • Volume e soporte 27 unidades de instalación con 122 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido As entidades locais poderán establecer taxas pola utilización privativa ou o aproveitamento especial do dominio público local, así como pola prestación de servizos públicos ou a realización de actividades administrativas de competencia local que se refiran, afecten ou beneficien de xeito particular ós contribuíntes. Deste xeito, constitúen un ingreso de dereito público que se orixina pola prestación dun servizo público de consumo divisible que reporta, aínda que de xeito secundario, un beneficio xeral para a colectividade e cunha contía igual ó custo do servizo. O número de taxas e prezos públicos impoñibles é moi elevado, sendo regulados nas súas respectivas ordenanzas fiscais, destacando algúns como a taxa por recollida de lixo, abastecemento de augas, ocupación de vía pública, etc... 4.2.2.1.- Ordenanzas fiscais Norma xurídica xeral, obrigatoria e permanente, de carácter subordinado á Lei e a outras normas de rango superior, ditadas polas Entidades Locais, pero no ámbito puramente fiscal. (1911) 4.2.2.2.- Listas cobratorias Relacións de contribuíntes ou as súas modificacións, que poder atoparse agrupadas nos padróns de exaccións municipais, ou individualizadas por conceptos: augas, lixos, entrada de garaxes, toldos, escaparates...

  • Organizació

    Esta 2ª división de sección, TAXAS, está organizada nas seguintes series documentais:
    
    4.- FACENDA:
    
    4.2.- FINANCIACIÓN E TRIBUTACIÓN:
    
    4.2.2.- TAXAS:
    
    4.2.2.1.- Ordenanzas fiscais
    4.2.2.2.- Listas cobratorias

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición