ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

CAIXA

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36055.AM.TUI.1.4.3.1

  • Título CAIXA

  • Data(s) 1868 - 1991 (Creación)

  • Volume e soporte 54 unidades de instalación con 160 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Tui(1836-) O concello de Tui sitúase no sur da provincia de Pontevedra, dentro da comarca natural do Baixo Miño, lindando con Portugal do que o separa o antedito río, e cos concellos de Salceda de Caselas, O Porriño, Gondomar, Salvaterra de Miño e Tomiño. Conta cunha extensión superior ós 66 quilómetros cadrados, distribuídos nas doce parroquias: Areas, Baldráns, Caldelas, Guillarei, Malvas, Paramos, Pazos de Reis, Pexegueiro, Randufe, Rebordáns, Ribadelouro e Tui, cun total de cento sesenta e unha entidades de poboación, nas que residen máis de dezaseis mil habitantes. A carga histórica da cidade é abrumadora, pasando de capitalidade de diocese romana a corte do reino de Galicia na dominación sueva e goda; posteriormente será capitalidade da provincia do mesmo nome ata a configuración constitucional de 1836. Ó mesmo tempo é sede da diocese eclesiástica e capitalidade do partido xudicial. O territorio do actual concello dependía no antigo réxime da xurisdicción de Tui e de Pexegueiro, ámbalas dúas con señorío do bispo de Tui. Nos períodos liberais chegaron a funcionar concellos nos anteditos lugares ata a definitiva configuración. O concello constitucional de Tui constitúese en 1836, dentro do seu partido xudicial, coa mesma configuración física que conserva na actualidade, anque con tres parroquias menos: Rebordáns que aparece dentro da cidade de Tui, e Randufe e Pazos de Reis que apareceran como tales en 1903; esta última constituirase como Entidade Local Menor o 9 de agosto de 1926.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Tui

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Esta 2ª división de sección 4.3.1. CAIXA contén as seguintes series documentais: 4.3.1.1.- Actas de arqueo Tramitáronse sen interrupción dende o ano 1845, aínda que desde a Instrución de Contabilidade de 1990 teñen a consideración como de contabilidade auxiliar. O libro de actas de arqueo existe dende 1845 ata a actualidade. Entre 1852 e 1991 leváronse dous tipos de libros de arqueos un diario por Depositaria e outro ordinario e extraordinario por Intervención. A partir de 1991 é un libro de contabilidade auxiliar para arqueos mensuais e extraordinarios. 4.3.1.2.- Libro de caixa Libro auxiliar destinado a consignar todas as entradas ou saídas de diñeiro xa sexa en metálico ou valores, procedentes de calquera presuposto das Corporacións Locais. 4.3.1.3.- Libro de inventarios e balances Libro principal de contabilidade destinado a recoller anualmente o inventario, é dicir, o reconto sistematizado de tódolos bens, dereitos e cargas que constitúen o patrimonio, debidamente valorados. Incluirá o balance de situación do exercicio, o cadro de financiamento e os balances de comprobación. 4.3.1.4.- Libro de entrada e saída de caudais 4.3.1.5.- Libro de distribución de fondos 4.3.1.6.- Libro auxiliar de efectos Documento a cargo dos depositarios, dende a Instrución de 1952, aparece nos concello de maior tamaño e complexidade administrativa, é utilizado para a exención de certos dereitos e taxas ou arbitrios, abrindo as necesarias contas para cada un deles e consignando no campo “debe” ou ”cargo” as entradas e no campo “haber” ou “data” as saídas, a fin de coñecer en todo momentos as existencias. Desaparece en 1990. 4.3.1.7.- Certificacións e informes de Tesouraría Certificacións e informes concretos emitidos polo Tesoureiro municipal dentro da súa actividade e área competencial, na maior parte dos casos para formar parte doutras dilixencias ou expedientes, quedando a copia do mesmo. 4.3.1.8.- Partes de caixa Xustificantes de movementos nos fondos da caixa municipal.

  • Organizació

    Esta 2ª división de sección, CAIXA, está organizada nas seguintes series documentais:
    
    4.3.- TESOURARÍA:
    
    4.3.1.- CAIXA:
    
    4.3.1.1.- Actas de arqueo
    4.3.1.2.- Libro de caixa
    4.3.1.3.- Libro de inventarios e balances
    4.3.1.4.- Libro de entrada e saída de caudais
    4.3.1.5.- Libro de distribución de fondos
    4.3.1.6.- Libro auxiliar de efectos
    4.3.1.7.- Certificacións e informes de Tesouraría
    4.3.1.8.- Partes de caixa.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Tui (Tema) (Creador)

Área de control da descrición