ATOPO
Rexistros actuais: 1.328.590
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.660

Fondos

CONCELLO DE MOS

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36033.AM.MOS.1

  • Título CONCELLO DE MOS

  • Data(s) 1875-2017 (Creación) 1875-00-00 - 2018-06-01 (Produción)

  • Volume e soporte 8.466 unidades de instalación con 39.723 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Mos(1836-2015) O concello de Mos sitúase no val do río Louro, a carón dos concellos de Vigo, Redondela e Porriño. Conta cunha superficie total próxima ós 51 quilómetros cadrados nos que se distribúen as súas dez parroquias: Cela, Dornelas, Guizán, Louredo, Mos, Pereiras, Petelos, Sanguiñeda, Tameiga e Torroso. Tradicionalmente o concello incluíase no partido xudicial de Redondela, sendo agregado nas súas sucesivas desaparicións no de Vigo, Tui e finalmente no de Porriño. Este concello establécese constitucionalmente no ano 1836, non tendo nestes dous séculos variacións apreciables agás as referidas ós sucesivos cambios de capitalidade.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Mos

  • Historia arquivística Inicialmente o arquivo ocupaba o baixo cuberta da casa do concello, edificio illado a carón da autovía, en granito, de mediados do século XX, con baixo, planta e aproveitamento do baixo cuberta, no que resalta unha torre central. O arquivo formábano varias salas intercomunicadas cun total de 64 metros cadrados e 145 metros lineais de estanterías. En todo caso a ubicación e a insuficiencia do local motiva o traslado á planta baixa dunha edificación municipal en Petelos, próxima á casa do concello, no que tamén se encontra na súa primeira planta a biblioteca municipal. Este novo local, que ten una forma cadrada, foi convenientemente axeitado para o seu fin, cunhas condicións de habitabilidade notables, con ventilación e iluminación suficiente e con equipamentos meritorios, destacando entre eles o sistema compactado de estantería e o mobiliario para traballo e consulta. Tamén por ocupación plena dos espazos existentes, optouse por habilitar un novo local de arquivo na segunda planta do edificio de Centro de Desenvolvemento Local do concello de Mos en Puxeiros no ano 2012; equipóuse con estantería metálica unha ampla sala antes destinada a aula de formación, na que se instalaron os documentos remitidos dende as oficinas realativos aos últimos anos de xestión. O ano 2017 adaptouse nun edificio municipal, á beira do Centro de Desenvolvemento Local en Puxeiros, un local para albergar a documentación que estaba depositada no CDL e as seguintes transferencias. O proceso de organización dos fondos documentais iníciase no ano 1990 coincidindo coa adecuación dun espacio adicado ó arquivo municipal na torre e no baixo cuberta da propia casa do Concello. En sucesivas etapas prodúcense reincorporacións e actualizacións documentais nos anos 1991, 1994, 1999, 2003, 2005, 2008, 2012, 2014 e 2017 coa adaptación ó novo cadro de clasificación proposto para o seu uso a nivel nacional. Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo: Edelmira Cortegoso Graña Nuria de los Milagros Vázquez Gutiérrez Nuria Hoyos Silva María del Carmen Pereira Pazos Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo José Luis Castro Carpintero Manuela González Rey Eva González Rodríguez Álvaro Rodríguez Cid María Herminia Martínez Pereira Ana María Valles Castro Jaime Moiño Vaamonde Daniel Menéndez Rodríguez Iñaki Varela Pérez Jacobo Domínguez Pedreira María del Carmen Fariña Fernández María Torres Hermida Ángela Garra Oubiña Aída María Pérez Martínez Alberto Aramburu García Pintos Javier López Sáez Lara Moldes González Miguel Martínez Puig Olalla Barreiro Molano Francisco Orge Ventín Gabriel González Díaz Rubén Suárez Iglesias

  • Forma do ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido O documento máis antigo e do ano 1875 e incluso nas propias actas do pleno no alcanza máis alá do ano 1908.

  • Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.

  • Novos ingresos Transferencias anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental.

  • Organizació

    CADRO DE CLASIFICACIÓN
    
    1.- GOBERNO:
    
    1.1.- CONCELLO/PLENO.
    1.2.- ALCALDE.
    1.3.- COMISIÓN DE GOBERNO/ PERMANENTE.
    1.4.- COMISIÓNS INFORMATIVAS E ESPECIAIS.
    
    2.- ADMINISTRACIÓN:
    
    2.1.- SECRETARÍA.
    2.2.- REXISTRO.
    2.3.- PATRIMONIO.
    2.4.- PERSOAL:
    
    2.4.1.- ADMINISTRACIÓN DE PERSOAL.
    2.4.2.- DISCIPLINA E CONTROL.
    2.4.3.- CLASES PASIVAS/ S.S./ MUTUALIDADES.
    2.4.4.- SELECCIÓN DE PERSOAL.
    2.4.5.- REPRESENTACIÓN DO PERSOAL.
    
    2.5.- SERVIZOS XURÍDICOS.
    2.6.- CONTRATACIÓN.
    2.7.- ARQUIVO.
    
    3.- SERVIZOS:
    
    3.1.- OBRAS E URBANISMO:
    
    3.1.1.- PLANIFICACIÓN.
    3.1.2.- PLANS DE OBRAS E SERVIZOS.
    3.1.3.- OBRAS MUNICIPAIS.
    3.1.4.- OBRAS PARTICULARES.
    3.1.5.- INDUSTRIAS.
    
    3.2.- SERVIZOS AGROPECUARIOS E INDUSTRIAIS.
    3.3.- ABASTECEMENTOS E CONSUMOS:
    
    3.3.1.- ABASTOS E CONSUMOS.
    3.3.2.- MATADOIRO.
    3.3.3.- AUGA.
    3.3.4.- OMIC.
    3.3.5.- PÓSITO.
    
    3.4.- TRANSPORTES.
    3.5.- SEGURIDADE CIDADÁ.
    3.6.- SANIDADE.
    3.7.- BENEFICENCIA E ASISTENCIA SOCIAL.
    3.8.- EDUCACIÓN.
    3.9.- CULTURA.
    3.10.- DEPORTES.
    3.11.- POBOACIÓN.
    3.12.- QUINTAS E MILICIAS.
    3.13.- ELECCIÓNS.
    
    4.- FACENDA:
    
    4.1.- INTERVENCIÓN:
    
    4.1.1.- ASUNTOS XERAIS.
    4.1.2.- PRESUPOSTOS ORDINARIOS.
    4.1.3.- PRESUPOSTOS EXTRAORDINARIOS.
    4.1.4.- PRESUPOSTOS DE INVESTIMENTOS.
    
    4.2.- FINANCIAMENTO E TRIBUTACIÓN:
    
    4.2.1.- IMPOSTOS.
    4.2.2.- TAXAS.
    
    4.3.- TESOURARÍA:
    
    4.3.1.- CAIXA.
    4.3.2.- RECADACIÓN.
    4.3.3.- CONTAS BANCARIAS.

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.

  • Condicións de reprodución Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade.

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais

  • Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación en papel, publicados e informatizados. Inventario somero en papel, publicado e informatizado, cun total de 7.247 rexistros. Inventario detallado en ficha e informatizado, cun total de 29.880 rexistros.

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo municipal.

  • Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes e de impostos...).

  • Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co concello e as súas actividades en arquivos doutras administracións do seu ameto xeográfico, especialmente no Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.

Área de notas

  • Nota Polas características propias da Institución, o Arquivo Municipal de Mos exerce as funcións de arquivo central administrativo, arquivo intermedio e arquivo histórico.

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Mos (Tema) (Creador)

Área de control da descrición