ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.768
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

CLASES PASIVAS /S.S./MUTUALIDADES

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36033.AM.MOS.1.2.4.3

  • Título CLASES PASIVAS /S.S./MUTUALIDADES

  • Data(s) 1935-2010 (Creación) 1935 - 2010-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte 20 unidades de instalación con 75 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Os expedientes desta división de sección derivan co carácter mutualista dos concellos respecto do seu persoal, para o cal teñen previsto un réxime de asistencia e cobertura socio-sanitaria, ben propio ou ben en colaboración con outras administracións. Neste ámbito ademais da axuda familiar e da concesión de bolsa, podemos atopar documentación relacionada coa Mutualidade nacional de previsión da Administración Local, coa Seguridade Social. 2.4.3.1.- Documentación da MUNPAL A Mutualidade Nacional de Previsión da Administración Local foi creada pola Lei 11/1960, de 12 de maio de 1960, e suprimiuse polo Real Decreto en 1993. Nese período xestiona os dereitos pasivos dos traballadores locais, as súas xubilacións e pensións e o outros dereitos adquiridos polos traballadores na súa vida laboral. 2.4.3.2.- Documentación da Seguridade Social O sistema de Seguridade Social configúrase a partir da Lei de Bases de 1963. Ten antecedentes dende 1900 coa Lei Dato, no ano 1908 creouse o Instituto Nacional de Previsión. Afecta ao persoal laboral e dende a supresión da MUNPAL e diversa medida a totalidade do persoal municipal, pasando a xestionar a asistencia sanitaria e as xubilacións e pensións. 2.4.3.3.- Asistencia sanitaria e farmacéutica asistencia médica Receitas farmacéuticas e documentación relacionada coa asistencia sanitaria ao persoal municipal e as axudas derivadas dese concepto. 2.4.3.4.- Expedientes persoais de pasivos Expedientes coa documentación relacionada con cada un dos traballadores que pasaron a condición de pasivos, logo do remate da súa vida laboral. 2.4.3.5.- Expedientes de pensións Expedientes relacionados coa tramitación das pensións de xubilación do persoal municipal e dos seus familiares beneficarios, no caso das pensións de viudedade, orfandade…etc 2.4.3.6.- Nóminas de pasivos Documentos relacionados cos pagamentos a persoal pasivo dos concellos, que serven de testemuña de abono de pensións e gratificacións recibidas

  • Organizació

    Esta 2ª División de Sección está formada por seis series documentais, a saber:
    
    2.- ADMINISTRACIÓN:
    
    2.4.- PERSOAL:
    
    2.4.3.- CLASES PASIVAS/ S.S./ MUTUALIDADES:
    
    2.4.3.1.- Documentación da MUNPAL
    2.4.3.2.- Documentación da Seguridade Social
    2.4.3.3.- Asistencia sanitaria e farmacéutica
    2.4.3.4.- Expedientes persoais de pasivos
    2.4.3.5.- Expedientes de pensións
    2.4.3.6.- Nóminas de pasivos

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición