ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.196
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Fondos

Padrón municipal de habitantes

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36033.AM.MOS.1.3.11.2

  • Título Padrón municipal de habitantes

  • Data(s) 1932-2016 (Creación) 2004-00-00 - 2005-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte 248 unidades de instalación con 420 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Rexistro coa relación dos habitantes do termo, con expresión das súas respectivas calidades. Inclúe procesos continuados de rectificacións, altas, baixas e cambios de cualificación veciñal que se producen anualmente no padrón. É un rexistro administrativo, actualízase permanentemente, elabórano os concellos. O feito da inscrición é obrigatorio e está afectado pola lexislación sobre protección de datos de carácter persoal en canto a o seu uso e dispoñibilidade. O censo de poboación é unha estatística, resultado dunha operación de reconto, cuxa finalidade é a de proporcionar información sobre o estado da poboación, isto é. Sobre o seu tamaño e as súas características, recollendo datos tanto demográficos como económicos, sociais, etc. O censo debe de contar con todos os individuos dun territorio (pais, comunidade autónoma, etc.), nun momento determinado; debe realizarse, ademais, cunha periodicidade definida e previamente establecida e os resultados que se obteñan, deben ser de dominio público. Elabórao o Instituto Nacional de Estatística (INE) cada dez anos, desde 1981 en todos os anos terminados en 1. A súa cumprimentación é voluntaria. Lexislación sobre función estatística.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición