ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.133
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

IMPOSTOS

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36033.AM.MOS.1.4.2.1

  • Título IMPOSTOS

  • Data(s) 1910-2017 (Creación) 1910-00-00 - 2017-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte 1 agrupación documental

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A gran diversidade, variedade e complexidade son as características que definen ás figuras tributarias impostas polos concellos ó longo da súa historia para acadar recursos cos que financiar as súas actividades. Este dato ponse especialmente de manifesto no caso de arbitrios e impostos, os cales soen ser clasificados entre directos e indirectos. Son impostos directos aqueles que recaen directa e definitivamente sobre o contribuínte, sen posibilidade de repercusión sobre outra persoa; gravan cousas ou situacións duradeiras polo que permiten a formación dun padrón, matrícula ou rexistro de contribuíntes; e gravan unha manifestación inmediata da capacidade contributiva (patrimonio ou renda). Os impostos directos poden ser persoais ou subxectivos e reais ou obxectivos: os impostos persoais gravan o conxunto de rendas de cada contribuínte tendo en conta as súas situacións persoais namentres os impostos reais gravan as rendas con independencia das circunstancias persoais do contribuínte. Por contra, os impostos indirectos son aqueles que o contribuínte pode trasladalos ou repercutilos sobre outra persoa, están ligados a acontecementos pasaxeiros e gravan unha manifestación indirecta ou mediata da capacidade contributiva (o consumo da renda). Á súa vez, divídense en impostos de consumo, impostos de circulación (gravan a parte da renda que se destina a bens de inversión) e impostos de tráfico (gravan o tránsito material de bens sen que exista un cambio de titularidade). Podémonos atopar moitas variantes de impostos: arbitrios provinciais, contribución por gandería independente, contribución industrial/matrícula industrial/licenza fiscal/IAE, contribución territorial rústica e pecuaria / IBI, contribución territorial urbana/IBI, imposto sobre circulación de vehículos, imposto sobre instalacións, construcións e obras, imposto de consumos, plusvalías O imposto grava a riqueza individual dun suxeito, tendo en conta unha serie de feitos ou actos que se presumen ou tipifican legalmente como manifestacións da riqueza.

  • Organizació

    Esta 2ª división de sección 4.2.1. IMPOSTOS contén as seguintes series documentais:
    
    4.- TESOURARÍA:
    
    4.2.- FINANCIAMENTO E TRIBUTACIÓN:
    
    4.2.1.- IMPOSTOS:
    
    4.2.1.1.- Xunta Pericial
    4.2.1.2.- Contribución territorial rústica
    4.2.1.3.- Contribución por gandaría independente
    4.2.1.4.- Contribución territorial urbana
    4.2.1.5.- Rexistro fiscal de edificios e soares
    4.2.1.6.- Matrícula industrial e licenza fiscal
    4.2.1.7.- Expedientes de plusvalías
    4.2.1.8.- Imposto sobre circulación de vehículos
    4.2.1.9.- Contribucións usos e consumos
    4.2.1.10.- Arbitrios provinciais
    4.2.1.11.- Contribucións especiais
    4.2.1.12.- Imposto sobre construcións, instalacións e obras
    4.2.1.13.- Bens inmobles de características especiais (BICES)

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición