ATOPO
Rexistros actuais: 1.640.522
Obxectos dixitais dispoñibles: 505.523

Acta de sesión 1920/04/17_Supletoria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36045.AM.RED.3.GF001.F0001.SF003.S0020.3.405/1.1920-04-17_Supletoria

  • Título Acta de sesión 1920/04/17_Supletoria

  • Data(s) 1920-04-17 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Acta da Sesión supletoria de Pleno do 17 de abril do 1920

    Alcalde: Ricardo Contreras Valiñas

    ORDE DO DÍA
    1.- Acta
    2.- Boletíns e Gacetas
    3.- Padrón de habitantes: aprobación definitiva
    4.- Repartimientos territoriais rústica e urbana
    5.- Arbolado: " Acórdase, de conformidade co dictáme da Comisión, librar a nome do xefe do distrito forestal a cantidade de 20 pesetas a que asecende a remesa de 232 árbores remitidos dende o viveiro de Areas "Tuy"".
    6.- Asilo benéfico (Beneficiencia)
    7.- Arqueo, balance. Conta trimestral
    8.- Suscripcións: "autorízase ó alcalde para que firme o recibo de ter entregado por D. Pedro Otero Milleiro, representante da casa editorial "Hijos de Espasa" os tomos 19 e 20 e do 29 ó 40 do diccionario cuxo importe ascende a 469 pesetas, en virtude de estar suscrito este Concello a referida obra."
    9.- Festexos. "Dacordo co proposto pola Comisión de Festexos, acórdase pedir ó Excelentísimo Ministro de Fomento unha subvención de 1283 pesetas destinadas a premios de gando e productos da agricultura, con motivo da festividade do Corpus (Festa da Coca) e na forma en que dito dictame proponse.
    10.- Moción de Consumos.
    11.- Camiños veciñais: pola xurisprudencia exponse que foi denunciado que o sendeiro de carácter público que, partindo xunto ó Convento de monxas Vilavella conduce ata o camiño que vai á parroquia de Negros, está interrumpido imposibilitando o tránsito debido a obras que segúndo se di, executou Purificación Montes, de Cedeira e que respecto de este asunto debe existir no Arquivo un expediente instruído en virtude de denuncia feita por Severo Rivas Gómez, somete o asunto á consideración da Corporación.
    O Concello acorda que se vea o estado no que está o expediente a que acaba de referirse a xurisprudencia e que no caso de non ter recaído xurisdicción, informe á Comisión de Camiños vecinais.
    12.- Pontes: dado o estado ruinoso da ponte da Xunqueira, acórdase que a Comisión de Obnras publicas informe propoñendo ó Concello a forma máis convinte a proceder ó seu inmediato arranxo.
    13.- Rexistro Civil: Visto un oficio do Sr. Xuiz municipal pidiendo un libro para a inscripción de nacementos, o Concello acorda facilitar ó alcalde para que o adquira.
    14.- Consumos: Entérase o Concello das introduccións habidas durante a primeira semana do corrente mes que ascenden a 1212 pesetas con 64 céntimos.
    15. Beneficiencia: Juan Montero Reboredo da rúa Picota.
    16.- Contas
    17.- Socorros: Ramón Varela
    18.- Visita al Diputado a cortes por este distrito D. Raimundo Riestra para pedirlle que active o expediente da traída de augas, o encauzamento do río e a creación das escolas graduadas nesta vila.

Área de notas

  • Nota E01 - Página manchada: 1, 2, 3

Puntos de acceso

Área de control da descrición