Fondos
NACEMENTOS
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36015.AXP.CUN..1.2
Título NACEMENTOS
Data(s) 1871-2002 (Creación) 1871-00-00 - 2002-00-00 (Produción)
Volume e soporte 67 unidades de instalación con 87 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo xulgado de paz de Cuntis
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Documentación do Rexistro Civil relacionada co control dos nacementos no territorio no que ten incidencia e xurisdición. A inscrición do nacemento supón a entrada dunha persoa no Rexistro Civil, cun folio específico que recollerá os datos do nacemento ou adopción, as modificacións da súa capacidade, o concurso, quebra, suspensión de pagamentos, a falecemento, a vecindade, modificacións da nacionalidade, así como as incidencias do matrimonio, representación legal ou defunción. A inscrición e obrigatoria para o pai e nai, parente máis próximo ou cabeza de familia da casa ou establecemento onde tivera lugar o nacemento. Nela constan os datos do nacido, nome e apelidos, sexo, hora de nacemento, dia e lugar, datos do pai e nai, e avós paternos e maternos e do matrimonio destes. Destaca polo súa importancia fedataria e testemuñal os libros de rexistro de nacementos, dende 1870 ata a actualidade, xunto con outros de similar pretensión os libros de actas de nacemento os libros de bautizados. Todos eles acostuman a dispor de índices alfabéticos e unha ordenación cronolóxica. Ademais como resultado das interrelacións cos cidadáns, consérvanse copias das certificacións, partidas ou declaracións de nacemento, requiridas en moitos trámites administrativos, así como os expedientes de emenda e subsanación de erros ou de inscrición dos nacementos fóra de prazo, tendo en conta da súa obrigatoriedade.
Organizació
Esta 1ª división de sección, NACEMENTOS, está organizada nas seguintes series documentais: 1.- REXISTRO CIVIL 1.2.- NACEMENTOS 1.2.1.- Libro rexistro de nacementos 1.2.2.- Libro de actas de nacementos 1.2.3.- Libro rexistro de bautizados 1.2.4.- Certificacións e declaracións de nacementos 1.2.5.- Expedientes de emenda de erros e inscrición de nacementos fóra de prazo 1.2.6.- Índice de nacementos 1.2.7.- Índice de persoas inscritas no rexistro civil fóra de prazo
Ãrea de notas
Nota