Fondos
4. ASUNTOS GOBERNATIVOS
ASUNTOS GOBERNATIVOS
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36015.AXP.CUN..2.4
Título ASUNTOS GOBERNATIVOS
Data(s) 1948-2001 (Creación) 1948-00-00 - 2001-00-00 (Produción)
Volume e soporte 1 unidade de instalación con 12 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo xulgado de paz de Cuntis
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A 1ª División de Sección “2.4. Asuntos gobernativos” ten unha maior amplitude e diversidade, dentro da actividade variada dos Xulgados de Paz. Habitualmente conta coas seguintes series: • Informacións posesorias, referidas a declaración de varias testemuñas sobre a propiedade de terreos, reclamados por algún particular que carece da súa debida xustificación. • Acta de consentimento paterno e materno, basicamente para ausentarse ó estranxeiro ou, en certos supostos, para contraer matrimonio, entre outros asuntos. Son sempre documentos simples. • Penados. • Libro rexistro de asuntos gobernativos, que recolle tódolos asuntos efectuados no propio xulgado. Corresponde ó período entre 1945 e a década dos anos setenta. • Actas de sinistros, levantadas en caso de acontecer un incendio ou similar a fin de elaborar unha acta que conteña os efectos e obxectos existentes no momento do sinistro para efectos de reclamación ás compañías aseguradoras. • Multas: notificacións de multas impostas a residentes no territorio de incidencia, principalmente de tráfico, e a documentación sobre a exención das mesmas. • Informacións testificais, que son declaracións no xulgado dunha ou varias testemuñas sobre unha mesma cuestión, abarcando temáticas moi variables. • Actas de representación en procedementos laborais, de acordo cun simple modelo, polo que se nomea un avogado para representar a un cidadán nun xuízo que atinxe a demandas laborais. • Actas de xuízos de desafiuzamentos, polos que se trata de obte-lo desaloxo do arrendatario da finca arrendada. Existen, ademais, documentos sobre procesos de embargos de bens por impagos. • Legalización de libros de comercio, presentados polos comerciantes ante o xulgado, para que se elabore a súa dilixencia de apertura xunto coa sinatura e o selo.
Organizació
Esta 1ª División de Sección, ASUNTOS GOBERNATIVOS, está organizada nas seguintes series documentais: 2.- XULGADO 2.4.- ASUNTOS GOBERNATIVOS 2.4.1.- Abintestatos 2.4.2.- Atestados 2.4.3.- Actas de poxas 2.4.4.- Actas de embargo e desafiuzamento 2.4.5.- Actas de consentimento paterno e materno 2.4.6.- Actas de sinistros 2.4.7.- Actas de representación en procedementos laborais 2.4.8.- Antecedentes penais 2.4.9.- Cédulas de citación e requirimento 2.4.10.- Comparecencias 2.4.11.- Copias de escrituras de compra-venda 2.4.12.- Declaracións de ausencia 2.4.13.- Declaracións 2.4.14.- Denuncias 2.4.15.- Documentación de penados 2.4.16.- Dilixencias de consignación 2.4.17.- Escritura de recoñecemento de débeda 2.4.18.- Expedientes de cambio de nome 2.4.19.- Expediente de xurisdición voluntaria sobre venda de bens de menores 2.4.20.- Expedientes de multas 2.4.21.- Expedientes de emancipacións, tutela e incapacidade 2.4.22.- Expedientes de infracción ó regulamento de mobilización 2.4.23.- Expedientes de quintas 2.4.24.- Expedientes de recoñecemento de fotos 2.4.25.- Exhortos 2.4.26.- Xuízos de desafiuzamento 2.4.27.- Expedientes de entrada ó domicilio 2.4.28.- Expedientes de responsabilidade civil 2.4.29.- Informacións testificais 2.4.30.- Informacións posesorias 2.4.31.- Libro de residencia de reos 2.4.32.- Libro de presentación de liberados 2.4.33.- Libro rexistro de liberados 2.4.34.- Libro especial de vendas e operacións industriais e comerciais 2.4.35.- Libro rexistro de asuntos gobernativos 2.4.36.- Libro rexistro de denuncias 2.4.37.- Libro rexistro de emigrantes 2.4.38.- Libro rexistro de executorias 2.4.39.- Libro rexistro de legalización de libros 2.4.40.- Libro rexistro de multas 2.4.41.- Libro de exhortos 2.4.42.- Legalización libros de comercio 2.4.43.- Libro rexistro de penados 2.4.44.- Expedientes de liberdade vixiada 2.4.45.- Libro de actas da Xunta Local de Liberdade Vixiada 2.4.46.- Libro rexistro de antecedentes penais 2.4.47.- Libro de presentación de penados 2.4.48.- Libro de presentación de procesados 2.4.49.- Libro rexistro de condenas condicionais 2.4.50.- Licenzas de enterramentos 2.4.51.- Libro rexistro de correccións disciplinarias 2.4.52.- Libro de actas da Sociedade de Agricultores 2.4.53.- Libro de entrada de presos 2.4.54.- Libro copiador de sentenzas 2.4.55.- Notificacións de condenas 2.4.56.- Obrigas 2.4.57.- Partes por lesións 2.4.58.- Recoñecemento de sinaturas 2.4.59.- Responsabilidade civil 2.4.60.- Sentenzas 2.4.61.- Testamentos e poderes 2.4.62.- Taxacións periciais 2.4.63.- Tribunais de responsabilidades políticas 2.4.64.- Xuízos de deslindes
Ãrea de notas
Nota