Fondos
REXISTRO CIVIL
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36019.AXP.FORN..1
Título REXISTRO CIVIL
Data(s) 1870-2003 (Creación) 1870 - 2003-00-00 (Produción)
Volume e soporte 31 unidades de instalación con 258 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Xulgado de paz de Fornelos de Montes(1870-) Créase o xulgado de paz e o rexistro civil de Fornelos de Montes no ano 1870, con independencia dos órganos políticos locais que viñan desempeñando estas funcións, integrado na superior estrutura do partido xudicial de Redondela, no que se mantén ata a súa supresión no ano 1965, pasando a integrarse no de Pontevedra, para volver á situación anterior, incorporándose ó partido de Redondela no ano 1988. Ten un funcionamento continuado ata a actualidade con categoría de xulgado municipal ou xulgado de paz, quedando con integrado no xulgado comarcal de Soutomaior dende o ano 1945 ata o 1953.
Institución arquivística Arquivo xulgado de paz de Fornelos de Montes
Historia arquivística O arquivo do xulgado sitúase na casa do concello ocupando unha superficie de 25 m2. Nela dispón dunha estantería para o depósito dos fondos documentais, cun total de 5 metros lineais. O proceso de organización dos fondos desenvolveuse no ano 2003, baixo a dirección do Servizo Técnico do Patrimonio Documental, por Álvaro Rodríguez Cid e Eva González Rodríguez.
Forma do ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Documentación xenerada polo Rexistro Civil existente en cada concello para o rexistro e control dos nacementos, matrimonios e defuncións dos habitantes da área de incidencia, asó cmo doutros asuntos colaterais. Engloba tamén os fondos documentais referidos aos Consellos de Familia, ás adopcións e recoñecemento de fillos e a nacionalidade
Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudos de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.
Novos ingresos Transferencias incorporadas polo Servicio Técnico do Patrimonio Documental.
Organizació
Esta sección, REXISTRO CIVIL, está organizada nas seguintes divisións de sección e series documentais: 1.- REXISTRO CIVIL 1.1.- CORRESPONDENCIA 1.1.1.- Correspondencia 1.1.2.- Certificacións 1.1.3.- Expedientes de veciñanza civil 1.1.4.- Libro diario do Rexistro Civil 1.1.5.- Traslados de inscricións 1.2.- NACEMENTOS 1.2.1.- Libro rexistro de nacementos 1.2.2.- Libro de actas de nacementos 1.2.3.- Libro rexistro de bautizados 1.2.4.- Certificacións e declaracións de nacementos 1.2.5.- Expedientes de emenda de erros e inscrición de nacementos fóra de prazo 1.2.6.- Índice de nacementos 1.2.7.- Índice de persoas inscritas no rexistro civil fóra de prazo 1.3.- MATRIMONIOS 1.3.1.- Libro rexistro de matrimonios 1.3.2.- Libro de actas de matrimonios 1.3.3.- Actas e certificacións de matrimonios canónicos 1.3.4.- Expedientes de emenda de erros e inscrición de matrimonios fóra de prazo 1.3.5.- Expedientes de matrimonios civís 1.3.6.- Índice de matrimonios 1.3.7.- Capitulacións matrimoniais 1.3.8.- Expedientes de separacións e divorcios 1.3.9.- Expedientes de reconciliacións 1.3.10.- Expedientes de nulidade matrimonial 1.3.11.- Dilixencias previas de matrimonio 1.4.- DEFUNCIÓNS 1.4.1.- Libro rexistro de defuncións 1.4.2.- Libro de actas de defuncións 1.4.3.- Libro de declaracións de defuncións 1.4.4.- Certificacións e declaracións de defunción 1.4.5.- Expedientes de emenda de erros e inscrición de defuncións fóra de prazo 1.4.6.- Licenzas de enterramentos 1.4.7.- Expedientes de repatriación de mortos 1.4.8.- Índice de defuncións 1.4.9.- Libro de últimas vontades de enterramento 1.4.10.- Expedientes de abortos 1.4.11.- Libro de certificacións de abortos 1.4.12.- Libro rexistro de abortos 1.4.13.- Libro actas de declaracións de abortos 1.5.- ADOPCIÓNS E RECOÑECEMENTO DE FILLOS 1.5.1.- Expedientes de adopcións e recoñecemento de fillos 1.6.- CONSELLO DE FAMILIA 1.6.1.- Expedientes Consello de Familia 1.7.- NACIONALIDADE 1.7.1.- Libro de actas de cidadanía 1.7.2.- Libro de inscrición de cidadanía 1.7.3.- Actas de recuperación de nacionalidade 1.7.4.- Expedientes de cidadanía 1.8.- LIBROS DE FAMILIA 1.8.1.- Libros de familia
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias Rexistro civil España Galicia Pontevedra Fornelos de Montes
Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Fornelos de Montes
Nome dos puntos de acceso Xulgado de paz de Fornelos de Montes (Tema) (Creador)