Fondos
-
S0562. Modificación do padrón da taxa, prezo público e outros
3.219/16. Denuncias e solicitudes de medio ambiente (1996-1998)
Denuncias e solicitudes de medio ambiente (1996-1998)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36045.AM.RED.3.GF001.F0006.SF069.SF071.S0562.3.219/16
Título Denuncias e solicitudes de medio ambiente (1996-1998)
Data(s) 1996-1998 (Creación)
Volume e soporte 1 agrupación documental
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Redondela(1836-2024) O territorio do concello de Redondela sitúase no oeste da provincia de Pontevedra, a carón da ría de Vigo; linda cos concellos de Soutomaior, Pazos de Borbén, Mos e Vigo. Ocupa unha superficie superior ós cincuenta e dous quilómetros cadrados, con corenta e seis entidades de poboación dispersas nas súas trece parroquias: Cabeiro, Cedeira, Cesantes, Chapela, Negros, Quintela, Reboreda, Redondela, Saxamonde, Trasmañó, Ventosela, Vilar de Infesta e O Viso, nas que residen ó redor de trinta mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa definitiva inclusión na provincia de Pontevedra, dentro do Partido Xudicial de Redondela. A totalidade das parroquias dependían no Antigo Réxime da xurisdicción de Redondela Nova, con señorío do arcebispo de Santiago; da de Redondela Vella, con señorío do bispo de Tui; da de Saxamonde, con señorío do marqués de Valladares; da do Val do Fragoso, con señorío do seu concello e do coto de Cedeiro. Iniciado o proceso de constitución dos concellos a principios do século dezanove chegaron a funcionar varios neste territorio, entre eles os de Redondela, Vilavella, Cedeira, Saxamonde e Reboreda. Xa no proceso definitivo créase o concello de Redondela, dentro do Partido Xudicial do mesmo nome, cun total de catorce parroquias. Dende entón mantense a mesma superficie territorial pero suprimiuse a parroquia de Santiago de Vilavella, pasando a integrarse na de Santiago de Redondela.
Institución arquivística Arquivo municipal de Redondela
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Sanidade e Medio Ambiente, varios. Copias de solicitudes de: .- Comunidade de propietarios da Fonte do Mouro, Redondela: problemas co sumidoiro. 1997 .- Informe de sanidade sobre verteduras fecais ó Alvedosa na praza de Ribadavia, Farola. 1997 .- Denuncia Seprona a Berinter no Río Maceiras. 1996 .- Jesús Domínguez Iglesias denuncia problemas coa recollida de pluviais e inundacións na Rúa Cardona nº 7, Chapela. 1997. .- Informe Seragua sobre turbiedade da auga na traída de augas de Chapela. 1996. .- Juan Ángel Sánchez García solicita conexión á rede de sumidoiros, sumidoiro en A Costeira nº 72, Quintela. .- Olivia Castro denuncia cheminea do Bar Serodio, Chapela. .- Francisco Alonso Blanco denuncia vertedura de augas fecais en Laredo nº 13, Chapela. 1997. .- Comunidade de augas de San Xoán de Cabeiro, Andrés Bastos Castro solicita subvención para ampliación de traída de augas en Cabeiro. 1997. .- Arturo Lusquiños Movilla, Comunidade de augas de Soutoxuste, solicita permisos para acondicionar bomba eléctrica dun depósito regulador. 1997. .- Elisa Maestú Amoedo solicita devolución da taxa de conexión á rede de sumidoiros na Portela nº 64, Cedeira. 1997. .- Requerimento da Comunidade de montes en man común de Cedeira ó Concello de limpeza de zonas a cambio do permiso para a canalización de auga. 1997. .- Asociación de veciños de San Bernardo solicitan a reparación do cano maestro da Allada e o final do Lago dos Bébedos en Cedeira. 1997. .- Modesto Gómez Martínez, Asociación de veciños de Saxamonde, solicita restauración da fonte de San Román en Saxamonde. 1997. . -Manuel Correa Fernández, Serafín Pazos Cabaleiro, Máximo Freire Rodríguez solicitan material para a construción do saneamento en O Vilar do Mato, San Martiño de Ventosela. 1996. .- Santos Veiga Couñago, Asociación deportiva cultural da Miñoteira, solicita a instalación dun colector xeral en San Martiño de Ventosela. 1997. .- Jesús Sanmartín Torres denuncia cabalos mortos no campo de fútbol de San Vicente de Trasmañó. 1997.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias Política sanitaria Tratamento de residuos España Galicia Pontevedra Redondela Quintela (San Mamede) Costeira, A (Quintela)
Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Redondela Cabeiro (San Xoán) Chapela (San Fausto) Quintela (San Mamede) Trasmañó (San Vicente) Ventosela (San Martiño) Portela, A (Cedeira) Laredo Costeira, A (Quintela) Vilar do Mato, O Soutoxuste
Nome dos puntos de acceso Concello de Redondela (Tema) (Creador)