Fondos
REXISTRO CIVIL
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36034.AXP.NEV..1
Título REXISTRO CIVIL
Data(s) 1870-2002 (Creación) 1870-00-00 - 2002-00-00 (Produción)
Volume e soporte 65 unidades de instalación con 333 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo xulgado de paz das Neves
Historia arquivística O Rexistro Civil concíbese como unha institución de Estado co obxecto de dar publicidade a feitos e actos que afectan ao estado civil das persoas; ten un carácter público, de consulta libre autorizada, principalmente mediante a expedición de certificacións. As tres funcións principais do Rexistro Civil cos: a constancia e publicidade dos feitos relativos ao estado civil das persoas, a cooperación e formación de tales actos e a lexitimación destes estados civís. Serve ao Estado e a administración para moitos fins (militares, estatísticos, electorais) e a so particulares, como testemuño e aval do seu estado civil e dos seus dereitos. Os seus antecedentes están nos rexistros parroquiais establecidos no Concilio de Trento. que polo efecto da Revolución Francesa sofren un proceso de secularización que se plasma no noso país nun primeiro intento de asignar a función rexistral aos secretarios dos concellos pola leis de 3 de febreiro de 1823 e de 24 de xaneiro de 1848, sen excesivo resultado positivo. O segundo intento será o Código Civil de 1851. Con posterioridade apróbase a lei provisional do Rexistro Civil de 1870, que será actualizada en xuño de 1957 coa lei do Rexistro Civil e o seu regulamento de 14 de novembro de 1858 Esta última lei prevé o establecemento de catro seccións: nacementos, matrimonios, defuncións e tutelas e representacións legais, mantendo a función primordial do Rexistro Civil na inscrición de feitos concretos que afectan ao estado civil das persoas. As características que definen ao Rexistro Civil serían a oficialidade, a protección dos intereses dos particulares, á simplificación administrativa, a gratuidade, a obrigatoriedade da inscrición, a especialidade e individualidade dos actos e a publicidade, é dicir o carácter de público.
Forma do ingreso Por transferencia
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Documentación xerada polo Rexistro Civil existente en cada concello para o rexistro e control dos nacementos, matrimonios e defuncións dos habitantes da área de incidencia, así como doutros asuntos colaterais. Engloba tamén os fondos documentais referidos aos Consellos de Familia, ás adopcións e recoñecemento de fillos e a nacionalidade.
Organizació
Esta sección, REXISTRO CIVIL, está organizada nas seguintes divisións de sección e series documentais: 1.- REXISTRO CIVIL 1.1.- CORRESPONDENCIA 1.1.1.- Correspondencia 1.1.2.- Certificacións 1.1.3.- Expedientes de veciñanza civil 1.1.4.- Libro diario do Rexistro Civil 1.1.5.- Traslados de inscricións 1.2.- NACEMENTOS 1.2.1.- Libro rexistro de nacementos 1.2.2.- Libro de actas de nacementos 1.2.3.- Libro rexistro de bautizados 1.2.4.- Certificacións e declaracións de nacementos 1.2.5.- Expedientes de emenda de erros e inscrición de nacementos fóra de prazo 1.2.6.- Índice de nacementos 1.2.7.- Índice de persoas inscritas no rexistro civil fóra de prazo 1.3.- MATRIMONIOS 1.3.1.- Libro rexistro de matrimonios 1.3.2.- Libro de actas de matrimonios 1.3.3.- Actas e certificacións de matrimonios canónicos 1.3.4.- Expedientes de emenda de erros e inscrición de matrimonios fóra de prazo 1.3.5.- Expedientes de matrimonios civís 1.3.6.- Índice de matrimonios 1.3.7.- Capitulacións matrimoniais 1.3.8.- Expedientes de separacións e divorcios 1.3.9.- Expedientes de reconciliacións 1.3.10.- Expedientes de nulidade matrimonial 1.3.11.- Dilixencias previas de matrimonio 1.4.- DEFUNCIÓNS 1.4.1.- Libro rexistro de defuncións 1.4.2.- Libro de actas de defuncións 1.4.3.- Libro de declaracións de defuncións 1.4.4.- Certificacións e declaracións de defunción 1.4.5.- Expedientes de emenda de erros e inscrición de defuncións fóra de prazo 1.4.6.- Licenzas de enterramentos 1.4.7.- Expedientes de repatriación de mortos 1.4.8.- Índice de defuncións 1.4.9.- Libro de últimas vontades de enterramento 1.4.10.- Expedientes de abortos 1.4.11.- Libro de certificacións de abortos 1.4.12.- Libro rexistro de abortos 1.4.13.- Libro actas de declaracións de abortos 1.5.- ADOPCIÓNS E RECOÑECEMENTO DE FILLOS 1.5.1.- Expedientes de adopcións e recoñecemento de fillos 1.6.- CONSELLO DE FAMILIA 1.6.1.- Expedientes Consello de Familia 1.7.- NACIONALIDADE 1.7.1.- Libro de actas de cidadanía 1.7.2.- Libro de inscrición de cidadanía 1.7.3.- Actas de recuperación de nacionalidade 1.7.4.- Expedientes de cidadanía 1.8.- LIBROS DE FAMILIA 1.8.1.- Libros de familia
Área de documentación
Unidades de descrición relacionadas Os arquivos municipais conservan nalgúns casos libros rexistro de nacemento, defunción ou matrimonio do período anterior (1845-1870) ao establecemento do Rexistro Civil, nos que esta función rexistral lles correspondía aos alcaldes e secretarios municipais.
Ãrea de notas
Nota