ATOPO
Rexistros actuais: 1.187.557
Obxectos dixitais dispoñibles: 427.119

Fondos

ARQUIVO DO XULGADO DE PAZ DE PAZOS DE BORBÉN

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36037.AXP.PAZ.

  • Título ARQUIVO DO XULGADO DE PAZ DE PAZOS DE BORBÉN

  • Data(s) 1837-2018 (Creación) 1837 - 2018-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte 126 unidades de instalación con 886 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Xulgado de paz de Pazos de Borbén(1870-) Créase o xulgado de paz e o rexistro civil de Pazos de Borbén no ano 1870, con independencia dos órganos políticos locais que viñan desempeñando estas funcións, integrado na superior estructura do partido xudicial de Redondela, no que se mantén ata a súa supresión no ano 1965, pasando a integrarse no de Pontevedra, para volver á situación anterior, incorporándose ó partido de Redondela no ano 1988. Ten un funcionamento continuado ata a actualidade con categoría de xulgado municipal ou xulgado de paz, quedando con integrado no xulgado comarcal de Soutomaior dende o ano 1945 ata o 1953.

  • Institución arquivística Arquivo xulgado de paz de Pazos de Borbén

  • Historia arquivística O arquivo do xulgado sitúase na planta baixa da casa do concello ocupando unha superficie de 20 m2. Nela dispón dunha estantería para o depósito dos fondos documentais, cun total de 14 metros lineais. O proceso de organización dos fondos desenvolveuse no ano 1994, baixo a dirección do Servizo Técnico do Patrimonio Documental, por José Luis Castro Carpintero e Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. No ano 2005 prodúcese a súa actualización levada a cabo por Jacobo Domínguez Pedreira e Iñaki Varela Pérez. As seguintes incorporacións de documentación realizáronas Roberto Rodríguez Álvarez e Julio Rafael Pereira Bernárdez no ano 2008, Alberto Aramburu García-Pintos no ano 2010 e Diego Ares Tapia, Lucas Ferreiros Ruiz e Leticia García Otero no ano 2016. No ano 2018 a incorporación documental foi levada a cabo por Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo e Alberto Aramburu García-Pintos.

  • Forma do ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A documentación conservada, a pesares de non ser moi abundante, recolle as actuacións do xulgado en materia civil, dende 1837, criminal dende 1870 e gobernativa dende 1846, ou de eleccións dende 1907. Está completa a serie dos libros do rexistro civil, tanto de nacementos como de matrimonios e defuncións.

  • Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa depor si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.

  • Novos ingresos Transferencias incorporadas polo Servicio Técnico do Patrimonio Documental.

  • Organización

    CADRO DE CLASIFICACIÓN
    
    1.- REXISTRO CIVIL
    
    1.1.- Correspondencia
    1.2.- Nacementos
    1.3.- Matrimonios
    1.4.- Defuncións
    1.5.- Adopcións e recoñecemento de fillos
    1.6.- Consello de Familia
    1.7.- Nacionalidade
    1.8.- Libros de familia
    
    2.- XULGADO
    
    2.1.- Administración
    2.2.- Asuntos civís
    2.3.- Asuntos criminais
    2.4.- Asuntos gobernativos
    2.5.- Eleccións
    2.6.- Comunidades de Montes

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.

  • Condicións de reprodución Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade.

  • Características físicas e requirimentos técnicos En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.

  • Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación e inventario somero en papel, publicados e informatizados.

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo do xulgado de paz.

  • Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes... )

  • Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co xulgado de paz e as súas actividades en arquivos xudiciais de ámbito superior ou doutras administracións do seu contorno xeográfico, especialmente no Arquivo

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de materias XUSTIZA Xurisdición Xulgado Xulgado de paz

  • Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Pazos de Borbén

  • Nome dos puntos de acceso Xulgado de paz de Pazos de Borbén (Tema) (Creador)

Área de control da descrición

  • Identificador da institución DEPO00200018015