Fondos
MATRIMONIOS
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36037.AXP.PAZ..1.3
Título MATRIMONIOS
Data(s) 1864-2018 (Creación) 1864-00-00 - 2018-00-00 (Produción)
Volume e soporte 35 unidades de instalación con 198 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo xulgado de paz de Pazos de Borbén
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Documentación do Rexistro Civil relacionada co control dos matrimonios no territorio no que ten incidencia e xurisdición, tanto civís como eclesiásticos. Destaca polo súa importancia fedataria e testemuñal os libros de rexistro de matrimonios, dende 1870 ata a actualidade, xunto con outros de similar pretensión os libros de actas de matrimonios. Todos eles acostuman a dispor de índices alfabéticos e unha ordenación cronolóxica. O Código Civil distingue dous tipos de matrimonio: canónico e civil, con diferente resultado documental no arquivo do xulgado de paz. Os civís son especialmente significativos no período republicano e dende os anos oitenta( dende o 1 de decembro de 1977). A declaración ou certificación do matrimonio canónico faise no mesmo momento do acto polo encargado do rexistro, constando a hora e lugar da celebración, a identidade dos contraentes, a vecindade do marido, carácter canónico, a parroquia e nome do cura y los datos del poder en los casos de ausencia física de un dos esposos. O matrimonio civil deriva nun expediente individualizado, ante o xuíz, alcalde ou representante delegado regulamentariamente. Lerase os artigos 66,67 e 68 do Código Civil, solicitase a confirmación dos contraentes e estendese a acta e a inscrición oportunas. Ademais como resultado das interrelacións cons cidadáns, consérvanse copias da certificacións, partidas ou declaracións de matrimonios, requiridas en mitos trámites administrativos, así como os expedientes de emenda e subsanación de rros ou de inscrición dos nacementos fóra de prazo, tendo en conta da súa obrigatoriedade. Así como tramites relacionados coas separacións, divorcios, nulidade matrimonial, capitulacións ou dilixencias previas.
Organizació
Esta 1ª división de sección, MATRIMONIOS, está organizada nas seguintes series documentais: 1.- REXISTRO CIVIL 1.3.- MATRIMONIOS 1.3.1.- Libro rexistro de matrimonios 1.3.2.- Libro de actas de matrimonios 1.3.3.- Actas e certificacións de matrimonios canónicos 1.3.4.- Expedientes de emenda de erros e inscrición de matrimonios fóra de prazo 1.3.5.- Expedientes de matrimonios civís 1.3.6.- Índice de matrimonios 1.3.7.- Capitulacións matrimoniais 1.3.8.- Expedientes de separacións e divorcios 1.3.9.- Expedientes de reconciliacións 1.3.10.- Expedientes de nulidade matrimonial 1.3.11.- Dilixencias previas de matrimonio
Ãrea de notas
Nota