Fondos
6. Expedientes de cargos municipais
-
6/2. Expediente de toma de posesión do alcalde de Poio (1970)
-
6/3. Expediente de toma de posesión do alcalde de Poio (1976)
-
6/4. Expediente de multa ao alcalde de barrio de Viñas (1892)
-
6/7. Expediente de baixa de Ramón Gimenez Piñol do seu cargo como alcalde de barrio
-
6/8. Expediente de nomeamento de oito concelleiros interinos para cubrir vacantes
-
6/9. Expediente de propietarios de terreo no cemiterio de Poio Grande a instancia de concelleiro
-
692/. Expediente de nomeamento de José Barral como alcalde de barrio do Sartal
-
1.958/. Expediente de informes dos alcaldes de barrio (1977-1996)
-
2.208/2. Expediente de nomeamentos e ceses de cargos municipais (1995-1998)
-
2.438/1. Expediente de elección de Xuiz de Paz titular e substituto (1989-2000)
-
3.835/3. Expediente das asignacións aos membros da corporación (1982)
-
4.505/5. Expediente das resolucións da Alcaldía nos nomeamentos de diversos cargos de goberno (2003)
-
4.505/6. Expediente de toma de posesión de Manuel Cao Muñiz como concelleiro
-
4.505/7. Expediente de toma de posesión de Xosé Luis Martínez Blanco como concelleiro. Certificación
-
5.134/3. Libro rexistro de declaracións de intereses (1987-1991)
-
1.691/13. Expediente de asignacións a concelleiros e grupos políticos (1992)
-
4.505/14. Expediente de renuncia de Rocío Gómez Moreira do seu cargo
-
4.505/15. Expediente de renuncia de Pedro Luis Soto Blanco do seu cargo como concelleiro do PSOE
Expedientes de cargos municipais
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36041.AM.POI..1.1.6
Título Expedientes de cargos municipais
Data(s) 1892-2017 (Creación) 1892-00-00 - 2017-00-00 (Produción)
Volume e soporte 9 unidades de instalación con 35 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Poio(1836-2016) O territorio do concello de Poio sitúase na marxe dereita da ría de Pontevedra, lindando cos concellos de Pontevedra, Meaño, Sanxenxo, Barro e Meis. Ocupa unha superficie superior ós trinta e tres quilómetros cadrados con setenta e oito entidades de poboación dispersas nas súas cinco parroquias: Combarro, San Xoán e San Salvador de Poio, Raxó e Samieira, nas que residen case trece mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela das xurisdiccións de Combarro e A Lanzada, ámbalas dúas con señorío do arcebispo de Santiago. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no partido xudicial de Pontevedra, créase no ano 1836 o concello de Poio, coa mesma configuración física actual, aínda que cunha parroquia menos, segregándose no ano 1867 a parroquia de Combarro da de San Xoán de Poio.
Institución arquivística Arquivo municipal de Poio
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Expedientes nos que se reflicte a designación das persoas que van desempeñar cargos ou oficios municipais (alcaldes, concelleiros, alcaldes de barrio, pedáneos). Inclúe tamén os expedientes de rexistro de intereses de membros da Corporación, que veñen a ser rexistros onde se relatan os bens mobles e inmobles integrantes do patrimonio persoal dos corporativos. Son habituais tamén os expedientes de elección de Xuíz de Paz e substituto, naqueles municipios onde non existe Xulgado de Primeira Instancia e Instrución. Os xuíces de paz xorden polo RD do 22 de outubro de 1855 e pola Real Orden de 12 de novembro de 1855. Actualmente regúlase pola Lei orgánica do poder xudicial 6/1985 (LOPJ) e polo regulamento 3/1995 de 7 de xuño, dos xuíces de paz.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Poio (Tema) (Creador)