ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

COMISIÓNS INFORMATIVAS E ESPECIAIS

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36041.AM.POI..1.4

  • Título COMISIÓNS INFORMATIVAS E ESPECIAIS

  • Data(s) 1959-2018 (Creación) 1959-00-00 - 2018-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte 69 unidades de instalación con 84 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Poio(1836-2016) O territorio do concello de Poio sitúase na marxe dereita da ría de Pontevedra, lindando cos concellos de Pontevedra, Meaño, Sanxenxo, Barro e Meis. Ocupa unha superficie superior ós trinta e tres quilómetros cadrados con setenta e oito entidades de poboación dispersas nas súas cinco parroquias: Combarro, San Xoán e San Salvador de Poio, Raxó e Samieira, nas que residen case trece mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela das xurisdiccións de Combarro e A Lanzada, ámbalas dúas con señorío do arcebispo de Santiago. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no partido xudicial de Pontevedra, créase no ano 1836 o concello de Poio, coa mesma configuración física actual, aínda que cunha parroquia menos, segregándose no ano 1867 a parroquia de Combarro da de San Xoán de Poio.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Poio

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A 1ª División de sección 1.4. COMISIÓNS INFORMATIVAS E ESPECIAIS recolle as series deste órgano de representación coa función de asesoramento ao Pleno e ao Alcalde, nas específicas áreas ou competencias de cada unha delas. 1.4.1.- Libro de actas de Comisións Informativas Rexistro que recolle o traslado das sesións celebradas polas diferentes Comisións Informativas que funcionan en cada administración: Facenda, Urbanismo, Persoal...etc. Normalmente encadernado e coas follas numeradas, dispón de dilixencia de apertura e non é obrigatorio. 1.4.2.- Expedientes de sesións de Comisións Informativas Recollen os documentos de cada sesión. As Comisións Informativas están integradas exclusivamente por membros da Corporación e son órganos sen atribucións resolutorias que teñen por función o estudo, informe ou consulta dos asuntos que teñan que ser sometidos á decisión do Pleno ou da Comisión de Goberno, cando esta actúe con competencias delegadas polo Pleno, salvo que sexa preciso adoptar acordos declarados urxentes. Igualmente, informarán aqueles asuntos da competencia propia da Comisión de Goberno e do Alcalde, que lle sexan sometidos ao seu coñecemento por expresa decisión daqueles. Poden ser estas sesións permanentes ou especiais.

  • Organizació

    Esta 1ª división de sección, COMISIÓNS INFORMATIVAS E ESPECIAIS, está organizada nas seguintes series documentais:
    
    1.- GOBERNO:
    
    1.4.- COMISIÓNS INFORMATIVAS E ESPECIAIS:
    
    1.4.1.- Libro de actas de Comisións Informativas
    1.4.2.- Expedientes de sesións de Comisións Informativas

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Poio (Tema) (Creador)

Área de control da descrición