Fondos
REXISTRO
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36041.AM.POI.1.2.2
Título REXISTRO
Data(s) 1867-2018 (Creación) 1867 - 2019-00-00 (Produción)
Volume e soporte 150 unidades documentais con 216 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Poio(1836-2016) O territorio do concello de Poio sitúase na marxe dereita da ría de Pontevedra, lindando cos concellos de Pontevedra, Meaño, Sanxenxo, Barro e Meis. Ocupa unha superficie superior ós trinta e tres quilómetros cadrados con setenta e oito entidades de poboación dispersas nas súas cinco parroquias: Combarro, San Xoán e San Salvador de Poio, Raxó e Samieira, nas que residen case trece mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela das xurisdiccións de Combarro e A Lanzada, ámbalas dúas con señorío do arcebispo de Santiago. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no partido xudicial de Pontevedra, créase no ano 1836 o concello de Poio, coa mesma configuración física actual, aínda que cunha parroquia menos, segregándose no ano 1867 a parroquia de Combarro da de San Xoán de Poio.
Institución arquivística Arquivo municipal de Poio
Área de contido e estrutura
Alcance e contido O control dos documentos que se recibían ou se envían a persoas físicas ou xurídicas e a outras institucións exerceuse durante o Antigo Réxime dende a escribanía o a secretaría xeral mediante a redacción de diversos rexistros. A aparición do rexistro xeral como oficina propia con persoalidade e funcións definidas está ligada a transformación administrativa iniciada en 1837 e plasmada en 1872, desenvolta especialmente na lei de bases de 1899 e todas as que lle seguen especialmente o regulamento de organización de 1952 e 1986.
Esta actividade xera as seguintes series documentais:
2.2.1.- Libro rexistro de expedientes
Rexistro para anotar os expedientes tramitados no concello, e no seu caso, o fluxo administrativo dos mesmos.
2.2.2.- Libro rexistro de entrada de documentos
Documento de rexistros no que se asenta todo escrito ou documentación oficial que se presente o reciba na entidade local, cos datos identificativos de procedencia, número de orde, data de entrada, resumo do documento e tramitación cursada. A partires de 1982 comeza a realizarse informaticamente, antes sempre en libro encadernado.
2.2.3.- Libro rexistro de saída de documentos rexistro de saída
Relación que garante a constancia da saída dos documentos que foron despachados definitivamente polo concello, con datos de destinatario, data, e resumo do documento. A partires de 1982 comeza a realizarse informaticamente, antes sempre en libro encadernado.
2.2.4.- Libro rexistro de anuncios no BOE
Rexistro de anuncios remitidos para publicar en Boletíns Oficiais
2.2.5.- Rexistro de documentos
Serie creada nalgúns arquivos para recoller aqueles documentos orixinais enviados ou recibidos (copia dos propios documentos de saída e fotocopia dos de entrada), ordenados por número de orde.
2.2.6.- Portelo único
Documentación producida neste servizo que permite aos cidadáns presentar nas oficinas do concello a documentación administrativa dirixida á Xunta de Galicia e outras institucións da Comunidade Autónoma. As funcións que comprende son:
-- Rexistro xeral de escritos, solicitudes ou comunicacións dirixidas a calquera órgano da Administración Autonómica de Galicia.
-- Información xeral da Administración Autonómica de Galicia.
-- Información particular sobre aqueles expedientes administrativos tramitados por instancia de parte ante a Administración Autonómica de Galicia, nos que o solicitante sexa o interesado.
-- Acceso ao rexistro xeral de contratistas da Comunidade Autónoma.
Ademais aparecen máis, ocasionalmente, outros rexistros para temas ou asuntos concretos, debidamente identificados na súa denominación:
2.2.7.- Libro rexistro de poderes e autorizacións
Rexistro de poderes e autorizacións.
2.2.8.- Libro rexistro de notificacións notificación
Rexistro de notificacións.
2.2.9.- Libro rexistro de comunicacións
Rexistro de comunicacións.
2.2.10.- Libro copiador de oficios
Rexistro de oficios.
2.2.11.- Libro rexistro de disposicións
Rexistro de disposicións.
2.2.12.- Libro rexistro de xiros
Rexistro de xiros.
2.2.13.- Libro rexistro de telegramas telegrama
Rexistro de telegramas.Organizació
Esta 1ª división de sección, REXISTRO, está organizada nas seguintes series documentais: 2.- ADMINISTRACIÓN: 2.2.- REXISTRO: 2.2.1.- Libro rexistro de expedientes 2.2.2.- Libro rexistro de entrada de documentos 2.2.3.- Libro rexistro de saída de documentos 2.2.4.- Libro rexistro de anuncios no BOE 2.2.5.- Rexistro de documentos 2.2.6.- Portelo único 2.2.7.- Libro rexistro de poderes e autorizacións 2.2.8.- Libro rexistro de notificacións 2.2.9.- Libro rexistro de comunicacións 2.2.10.- Libro copiador de oficios 2.2.11.- Libro rexistro de disposicións 2.2.12.- Libro rexistro de xiros 2.2.13.- Libro rexistro de telegramas
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Poio (Tema) (Creador)