ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

PERSOAL

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36041.AM.POI..2.4

  • Título PERSOAL

  • Data(s) 1867-2019 (Creación) 1867-00-00 - 2019-02-04 (Produción)

  • Volume e soporte 385 unidades de instalación con 931 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Poio(1836-2016) O territorio do concello de Poio sitúase na marxe dereita da ría de Pontevedra, lindando cos concellos de Pontevedra, Meaño, Sanxenxo, Barro e Meis. Ocupa unha superficie superior ós trinta e tres quilómetros cadrados con setenta e oito entidades de poboación dispersas nas súas cinco parroquias: Combarro, San Xoán e San Salvador de Poio, Raxó e Samieira, nas que residen case trece mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela das xurisdiccións de Combarro e A Lanzada, ámbalas dúas con señorío do arcebispo de Santiago. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no partido xudicial de Pontevedra, créase no ano 1836 o concello de Poio, coa mesma configuración física actual, aínda que cunha parroquia menos, segregándose no ano 1867 a parroquia de Combarro da de San Xoán de Poio.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Poio

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A documentación que recolle esta 1ª división de sección contempla todo o relativo ao persoal funcionario e laboral, a súa disciplina e control, á seguridade social, clases pasivas e asuntos das mutualidades, á selección de persoal e ás relacións laborais e actividade sindical. Esta documentación é un elemento esencial para coñecer o funcionamento da administración e ten un especial interese para a defensa de dereitos e intereses dos traballadores, xa que deixan constancia dos servizos prestados e da súa relación coa administración ao longo da súa vida profesional.

  • Organizació

    Esta 1ª división de sección, PERSOAL, está organizada nas seguintes divisións de sección e series documentais:
    
    2.- ADMINISTRACIÓN:
    
    2.4.- PERSOAL:
    
    2.4.1.- ADMINISTRACIÓN DE PERSOAL:
    
    2.4.1.1.- Correspondencia de persoal
    2.4.1.2.- Cadros de persoal
    2.4.1.3.- Expedientes de persoal municipal
    2.4.1.4.- Expedientes de persoal sanitario
    2.4.1.5.- Expedientes de persoal contratado
    2.4.1.6.- Convenios INEM. Cursos de formación
    2.4.1.7.- Nóminas. Retribucións
    2.4.1.8.- Expedientes de axuda familiar
    2.4.1.9.- Libro de matrícula de persoal
    
    2.4.2.- DISCIPLINA E CONTROL:
    
    2.4.2.1.- Prevención de riscos laborais
    2.4.2.2.- Control de horarios
    2.4.2.3.- Licenzas, permisos e vacacións
    2.4.2.4.- Expedientes disciplinarios
    
    2.4.3.- CLASES PASIVAS/ S.S./ MUTUALIDADES:
    
    2.4.3.1.- Documentación da MUNPAL
    2.4.3.2.- Documentación da Seguridade Social
    2.4.3.3.- Asistencia sanitaria e farmacéutica
    2.4.3.4.- Expedientes persoais de pasivos
    2.4.3.5.- Expedientes de pensións
    2.4.3.6.- Nóminas de pasivos
    
    2.4.4.- SELECCIÓN DE PERSOAL:
    
    2.4.4.1.- Expedientes de oposicións e concursos
    2.4.4.2.- Solicitudes de emprego
    
    2.4.5.- REPRESENTACIÓN DO PERSOAL:
    
    2.4.5.1.- Representación do persoal

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Poio (Tema) (Creador)

Área de control da descrición