Fondos
9. Libro de matrícula de persoal
-
5.981/1. Libro de matrícula do persoal da Escola de Restauración de Combarro (1995-2002)
Libro de matrícula de persoal
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36041.AM.POI.1.2.4.1.9
Título Libro de matrícula de persoal
Data(s) 1993-2002 (Creación)
Volume e soporte 1 unidade de instalación con 2 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Poio(1836-2016) O territorio do concello de Poio sitúase na marxe dereita da ría de Pontevedra, lindando cos concellos de Pontevedra, Meaño, Sanxenxo, Barro e Meis. Ocupa unha superficie superior ós trinta e tres quilómetros cadrados con setenta e oito entidades de poboación dispersas nas súas cinco parroquias: Combarro, San Xoán e San Salvador de Poio, Raxó e Samieira, nas que residen case trece mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela das xurisdiccións de Combarro e A Lanzada, ámbalas dúas con señorío do arcebispo de Santiago. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no partido xudicial de Pontevedra, créase no ano 1836 o concello de Poio, coa mesma configuración física actual, aínda que cunha parroquia menos, segregándose no ano 1867 a parroquia de Combarro da de San Xoán de Poio.
Institución arquivística Arquivo municipal de Poio
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A lexislación obriga aos empregadores de traballadores a levar en orden e ao día un Libro de Matrícula no que serán inscritos tódolos seus traballadores no momento en que inicien a prestación de servizos. Cando exista máis dun centro de traballo levaranse tantos Libros de Matrícula como centros haxa. As inscricións dos traballadores no Libro de Matrícula deberán efectuarse na forma e cos requisitos que se determinan nas instrucións que se inserten no modelo oficial de dito Libro. En todo caso, deberá constar o número da Seguridade Social, deberán asinalo no momento que inicien a prestación de servizos e cando se produza un cambio na súa categoría profesional. As baixas de traballadores anotaranse no lugar que corresponda cronoloxicamente, ademais de indicarse a data da baixa na inscrición inicial de alta o do cambio de categoría profesional. Os libros de matrícula usan modelo oficial e habilitaranse nas Inspeccións Provinciais de Traballo e Seguridade Social.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Poio (Tema) (Creador)