Fondos
2. Licenzas de obras a particulares
-
6.043/2. Expediente de solicitude de licenza de obra de Unión Fenosa Distribución, S.A.
-
6.043/3. Expediente de solicitude de licenza de obra de Unión Fenosa Distribución, S.A.
-
6.043/7. Expediente de solicitude do concello a Unión Fenosa Distribución para tala de eucalipto
-
6.043/10. Solicitude do concello a Unión Fenosa para arranxo dunha arqueta en mal estado
-
6.043/11. Expediente de licenza de obra de particulares de Unión Fenosa Distribución
-
6.043/12. Expediente de licenza de obra de particulares de Unión Fenosa Distribución
-
6.043/15. Expediente de solicitude de licenza de obras particulares de Unión Fenosa Distribución
Licenzas de obras a particulares
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36041.AM.POI.1.3.1.4.2
Título Licenzas de obras a particulares
Data(s) 1873-2019 (Creación) 1991 - 2009 (Produción)
Volume e soporte 1.037 unidades de instalación con 12.141agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Poio(1836-2016) O territorio do concello de Poio sitúase na marxe dereita da ría de Pontevedra, lindando cos concellos de Pontevedra, Meaño, Sanxenxo, Barro e Meis. Ocupa unha superficie superior ós trinta e tres quilómetros cadrados con setenta e oito entidades de poboación dispersas nas súas cinco parroquias: Combarro, San Xoán e San Salvador de Poio, Raxó e Samieira, nas que residen case trece mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela das xurisdiccións de Combarro e A Lanzada, ámbalas dúas con señorío do arcebispo de Santiago. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no partido xudicial de Pontevedra, créase no ano 1836 o concello de Poio, coa mesma configuración física actual, aínda que cunha parroquia menos, segregándose no ano 1867 a parroquia de Combarro da de San Xoán de Poio.
Institución arquivística Arquivo municipal de Poio
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Expediente que se tramita para levar a cabo obras de titularidade particular e que se tramitan para comprobar a legalidade e adecuación da obra á normativa vixente. Poden ser: Licenzas de obras maiores: expediente que se tramita para levar a cabo una obra nova, ampliación ou modificación, demolición, legalización, urbanización, cambio de titularidade particular. Licenzas de obras menores: expediente que se tramita para levar a cabo reforma de elementos (tellado, pintar portal ou escaleira), reforma en vivenda (cambiar aparellos sanitarios, cambiar carpintaría interior, solar, alicatar, etc.) e para instalar lápida de sepultura. Tamén obra menor en vía pública (instalación de anuncios, valado, gabias e canalizacións subterráneas..) Licenza de primeira ocupación: conxunto de actuacións que se seguen para autorizar a ocupación dunha vivenda, unha vez finalizada a construción. Expediente de segregación: conxunto de actuacións que se seguen para autorizar a separación dunha parcela de terreo da súa leira matriz
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Poio (Tema) (Creador)