Fondos
ES.GA.36043.AXP.PONCAL.. ARQUIVO DO XULGADO DE PAZ DE PONTE CALDELAS
ARQUIVO DO XULGADO DE PAZ DE PONTE CALDELAS
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36043.AXP.PONCAL.
Título ARQUIVO DO XULGADO DE PAZ DE PONTE CALDELAS
Data(s) 1844-2002 (Creación) 1844-00-00 - 2002-00-00 (Produción)
Volume e soporte 161 libros do rexistro civil e 315 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade, descritos en 1.413 rexistros
Área de contexto
Nome do produtor Xulgado de paz de Ponte Caldelas(1870-) Créase o xulgado de paz e o rexistro civil de Ponte Caldelas no ano 1870, con independencia dos órganos políticos locais que viñan desempeñando estas funcións, integrado na superior estrutura do partido xudicial da Cañiza, no que se mantén ó longo de todo este tempo ata a supresión deste no ano 1969 pasando a integrarse no de Ponteareas. Ten un funcionamento continuado ata a actualidade con categoría de partido xudicial, xulgado municipal ou xulgado de paz, quedando con categoría de xulgado comarcal dende o ano 1945 ata o 1953, comprendendo os xulgados de paz da Lama e Pontesampaio.
Institución arquivística Arquivo xulgado de paz de Ponte Caldelas
Historia arquivística O arquivo do xulgado sitúase na casa cultura ocupando unha superficie de 100 m2. Nela dispón dunha estantería para o depósito dos fondos documentais, cun total de 60 metros lineais. O proceso de organización dos fondos desenvolveuse no ano 2002, baixo a dirección do Servizo Técnico do Patrimonio Documental, por Iria Jauregui Carrasco, Victoria Hortas Porto, Álvaro Rodríguez Cid e Eva González Rodríguez.
Forma do ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A documentación conservada, a pesares de non ser moi abundante, recolle as actuacións do xulgado en materia civil, dende 1844, criminal dende 1852 e gobernativa dende 1855, ou de eleccións dende 1905. Está completa a serie dos libros do rexistro civil, tanto de nacementos como de matrimonios e defuncións.
Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudos de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.
Novos ingresos Transferencias incorporadas polo Servicio Técnico do Patrimonio Documental.
Organizació
CADRO DE CLASIFICACIÓN 1. REXISTRO CIVIL 1.1. CORRESPONDENCIA 1871-1971 1 1.2. NACEMENTOS 1871-1996 90 1.3. MATRIMONIOS 1870-2002 52 1.4. DEFUNCIÓNS 1871-1995 72 1.5. EXPEDIENTES DE ADOPCIÓN E RECOÑECEMENTO DE FILLOS 1872-1971 3 1.6. CONSELLO DE FAMILIA 1889-1971 2 1.7. NACIONALIDADE 1914-1971 2 2. XULGADO 2.1. ADMINISTRACIÓN 1851-1968 50 2.2. ASUNTOS CIVÍS 1844-1972 140 2.3. ASUNTOS CRIMINAIS 1852-1971 63 2.4. ASUNTOS GOBERNATIVOS 1855-1971 81 2.5. ELECCIÓNS 1905-1962 3
Área de condicións de acceso e utilización
Condicións que rexen o acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.
Condicións de reprodución Reprodución libre a solicitude do interesado, coa excepción da protección documental e da salvagarda da súa integridade.
CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.
Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación e inventario somero en papel, publicados e informatizados.
Área de documentación
Existencia e localización de orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo do xulgado de paz.
Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes... )
Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co xulgado de paz e as súas actividades en arquivos xudiciais de ámbito superior ou doutras administracións do seu contorno xeográfico, especialmente no Arquivo Municipal de Ponte Caldelas, Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.
Ãrea de notas
Nota Polas características propias da Institución, o arquivo do xulgado de paz exerce as funcións de arquivo central administrativo, arquivo intermedio e arquivo histórico.
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias Xulgado de paz España Galicia Pontevedra Ponte Caldelas
Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Ponte Caldelas
Nome dos puntos de acceso Xulgado de paz de Ponte Caldelas (Tema) (Creador)