Fondos
INDUSTRIAS
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36041.AM.POI..3.1.5
Título INDUSTRIAS
Data(s) 1940-2018 (Creación) 1940-00-00 - 2019-02-06 (Produción)
Volume e soporte 204 unidades de instalación con 1.785 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Poio(1836-2016) O territorio do concello de Poio sitúase na marxe dereita da ría de Pontevedra, lindando cos concellos de Pontevedra, Meaño, Sanxenxo, Barro e Meis. Ocupa unha superficie superior ós trinta e tres quilómetros cadrados con setenta e oito entidades de poboación dispersas nas súas cinco parroquias: Combarro, San Xoán e San Salvador de Poio, Raxó e Samieira, nas que residen case trece mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela das xurisdiccións de Combarro e A Lanzada, ámbalas dúas con señorío do arcebispo de Santiago. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no partido xudicial de Pontevedra, créase no ano 1836 o concello de Poio, coa mesma configuración física actual, aínda que cunha parroquia menos, segregándose no ano 1867 a parroquia de Combarro da de San Xoán de Poio.
Institución arquivística Arquivo municipal de Poio
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Esta 2ª división de sección, INDUSTRIAS, está composta polas seguintes series documentais: 3.1.5.1.- Actividades molestas, nocivas, insalubres e perigosas Expediente para a concesión de licenza para a instalación de industrias, depósitos de gas e outros equipamentos suxeitos ao Decreto 2414/1961, de 30 de novembro, polo que se aproba o regulamento de actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas. 3.1.5.2.- Licenzas de apertura de establecementos Expediente para a concesión de licenza para a actividades comerciais e establecementos inocuos, cunha tramitación máis sinxela que os das actividades molestas. 3.1.5.3.- Libro rexistro de industrias Rexistro das licencias para actividades industriais concedidas polo concello.
Organizació
Esta 2ª división de sección 3.1.5. INDUSTRIAS contén as seguintes series documentais: 3.- SERVIZOS: 3.1.- OBRAS E URBANISMO: 3.1.5.- INDUSTRIAS: 3.1.5.1.- Actividades molestas, nocivas, insalubres e perigosas 3.1.5.2.- Licenzas de apertura de establecementos 3.1.5.3.- Libro rexistro de industrias
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Poio (Tema) (Creador)