ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.799
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

AUGA

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36041.AM.POI..3.3.3

  • Título AUGA

  • Data(s) 1922-2018 (Creación) 1922-00-00 - 2018-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte 240 unidades de instalación con 810 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Poio(1836-2016) O territorio do concello de Poio sitúase na marxe dereita da ría de Pontevedra, lindando cos concellos de Pontevedra, Meaño, Sanxenxo, Barro e Meis. Ocupa unha superficie superior ós trinta e tres quilómetros cadrados con setenta e oito entidades de poboación dispersas nas súas cinco parroquias: Combarro, San Xoán e San Salvador de Poio, Raxó e Samieira, nas que residen case trece mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela das xurisdiccións de Combarro e A Lanzada, ámbalas dúas con señorío do arcebispo de Santiago. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no partido xudicial de Pontevedra, créase no ano 1836 o concello de Poio, coa mesma configuración física actual, aínda que cunha parroquia menos, segregándose no ano 1867 a parroquia de Combarro da de San Xoán de Poio.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Poio

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Esta 2ª División de sección, AUGA, contén unha única serie documental: 3.3.3.1.- Documentación de auga O abastecemento de auga ós veciños é unha función básica de todo concello dada a importancia deste elemento en tanto que produto de consumo de primeira necesidade. Polo tanto, esta agrupación documental está destinada a recoller aquela documentación referida a abonos ó servizo de abastecemento de auga cando se tramiten independentemente ( documentación da empresa que ten adxudicado o servizo de subministro de auga, contratos de los abonados, altas, baixas…). Exclúense aquela documentación referente a obras de traídas de auga (3.1.3.), solicitudes de licencias de enganche á rede de abastecemento (3.1.4.) e padróns fiscais de cobro de taxas públicas por prestación do servizo incluíndo altas e baixas (4.2.2.), así como os partes de inspección de augas (3.6. e contratación do servizo (2.6.)

  • Organizació

    3.3.3.- AUGA:
    
    3.3.3.1.- Documentación de auga

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Poio (Tema) (Creador)

Área de control da descrición