ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

EDUCACIÓN

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36041.AM.POI..3.8

  • Título EDUCACIÓN

  • Data(s) 1884-2015 (Creación) 1884-00-00 - 2015-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte 28 unidades de instalación con 160 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Poio(1836-2016) O territorio do concello de Poio sitúase na marxe dereita da ría de Pontevedra, lindando cos concellos de Pontevedra, Meaño, Sanxenxo, Barro e Meis. Ocupa unha superficie superior ós trinta e tres quilómetros cadrados con setenta e oito entidades de poboación dispersas nas súas cinco parroquias: Combarro, San Xoán e San Salvador de Poio, Raxó e Samieira, nas que residen case trece mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela das xurisdiccións de Combarro e A Lanzada, ámbalas dúas con señorío do arcebispo de Santiago. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no partido xudicial de Pontevedra, créase no ano 1836 o concello de Poio, coa mesma configuración física actual, aínda que cunha parroquia menos, segregándose no ano 1867 a parroquia de Combarro da de San Xoán de Poio.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Poio

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Esta 1ª División de sección recolle a documentación xerada polos concellos a partir das súas competencias no ámbito da promoción da educación dos seus habitantes, función municipal que tralo remate do período franquista é exercida cunha actividade cada vez máis restrinxida, na maior parte dos casos, dado o papel preponderante reservado ás administracións autonómica e estatal no asunto. 3.8.1.- Xunta Municipal de Ensino: Inclúe os Libro de actas de sesións da Xunta local de Ensino e as actas e expedientes de sesións da mesma. 3.8.2.- Expedientes de educación Agrupación de series relacionadas coa actividade educativa e o mantemento dos centros escolares. Deste xeito, contamos cos expedientes de escolarización referidos á admisión e matriculación de alumnos nos respectivos centros de ensinanza;, censos de alumnos, partes ou libros de asistencia escolar, padróns de analfabetos, libros rexistros de mestres, .... Por outra parte inclúe a documentación referida ós centros escolares: expedientes de creación, de reforma, de aluguer de escola ou casa de mestre, de traslado, de supresión e de peche de escolas, entre outros procesos que poden sufrir os centros escolares, coa conseguinte presenza da súa serie específica. 3.8.3.- Expedientes de persoal docente Expedientes de persoal docente tramitados para moi diversos asuntos en relación ós mestres dos centros educativos tales como tomas de posesión e cesamento, traslados, provisións de casa habitación, concesión de licenzas e permisos, etc 3.8. 4.- Axudas de estudos Aqueles expedientes instruídos coa finalidade de outorgar bolsas ou axudas de calquera natureza a estudantes para facilitar o desenvolvemento dos seus estudos ou a compra de libros de texto e material escolar.

  • Organizació

    Esta 1ª división de sección, EDUCACIÓN, está organizada nas seguintes series documentais:
    
    3.8.- EDUCACIÓN:
    
    3.8.1.- Xunta Municipal de Ensino
    3.8.2.- Expedientes de educación
    3.8.3.- Expedientes de persoal docente
    3.8.4.- Axudas de estudos

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Poio (Tema) (Creador)

Área de control da descrición