Fondos
2. Expedientes de festas populares
-
6.065/1. Expediente de festexos do Concello de Poio de febreiro a xuño do ano 2012
-
6.066/1. Expediente de festexos do Concello de Poio de xuño a febreiro do ano 2012
-
6.068/1. Expediente de festexos do Concello de Poio de xuño a febreiro do ano 2013 (Parte 1)
-
6.069/2. Expediente de festexos do Concello de Poio de xuño a febreiro (2014) (Parte 1)
-
6.070/1. Expediente de festexos do Concello de Poio de xuño a febreiro (2014) (Parte 2)
-
6.071/2. Expediente de festexos do Concello de Poio de xuño a febreiro do ano 2015 (Parte 1)
-
6.072/1. Expediente de festexos do Concello de Poio de xuño a febreiro do ano 2015 (Parte 2)
-
6.081/2. Expediente da festa de San Xoán do ano 2013 (Parte 1)
-
6.082/1. Expediente da festa de San Xoán do ano 2013 (Parte 2)
-
6.083/2. Expediente da festa de San Xoán do ano 2016 (Parte 1)
-
6.084/1. Expediente da festa de San Xoán do ano 2016 (Parte 2)
-
6.087/1. Expediente de festexos do Concello de Poio do ano 2013 (Parte 2)
Expedientes de festas populares
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36041.AM.POI..3.9.2
Título Expedientes de festas populares
Data(s) 1923-2017 (Creación) 1923-00-00 - 2019-12-11 (Produción)
Volume e soporte 64 unidades de instalación con 148 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Poio(1836-2016) O territorio do concello de Poio sitúase na marxe dereita da ría de Pontevedra, lindando cos concellos de Pontevedra, Meaño, Sanxenxo, Barro e Meis. Ocupa unha superficie superior ós trinta e tres quilómetros cadrados con setenta e oito entidades de poboación dispersas nas súas cinco parroquias: Combarro, San Xoán e San Salvador de Poio, Raxó e Samieira, nas que residen case trece mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela das xurisdiccións de Combarro e A Lanzada, ámbalas dúas con señorío do arcebispo de Santiago. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no partido xudicial de Pontevedra, créase no ano 1836 o concello de Poio, coa mesma configuración física actual, aínda que cunha parroquia menos, segregándose no ano 1867 a parroquia de Combarro da de San Xoán de Poio.
Institución arquivística Arquivo municipal de Poio
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Os expedientes de festexos tramítanse en relación á celebración de calquera tipo de festa, verbena, espectáculo ó aire libre ou similar no termo municipal, no cal o concello teña presenza dun ou doutro xeito, ben a través de concesión de licenza ou ben a través de apoio institucional, excluíndo salas de festas e espectáculos privados considerados actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas que irían no seu correspondente apartado (3.01.) A serie específica máis recorrente quizais sexan son os expedientes tramitados polos concellos para a concesión de licenza para a celebración de festexos ou autorización dos mesmos. Na maior parte dos casos son instruídos despois da solicitude do presidente das comisións para a celebración das festas patronais das parroquias, debendo ser ordenados cronoloxicamente por anos de concesión.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Poio (Tema) (Creador)