ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Edificios e vivendas

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36041.AM.POI..3.11.3

  • Título Edificios e vivendas

  • Data(s) 1950-2007 (Creación) 1975-00-00 - 2019-02-05 (Produción)

  • Volume e soporte 11 unidades de instalación con 16 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Poio(1836-2016) O territorio do concello de Poio sitúase na marxe dereita da ría de Pontevedra, lindando cos concellos de Pontevedra, Meaño, Sanxenxo, Barro e Meis. Ocupa unha superficie superior ós trinta e tres quilómetros cadrados con setenta e oito entidades de poboación dispersas nas súas cinco parroquias: Combarro, San Xoán e San Salvador de Poio, Raxó e Samieira, nas que residen case trece mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela das xurisdiccións de Combarro e A Lanzada, ámbalas dúas con señorío do arcebispo de Santiago. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no partido xudicial de Pontevedra, créase no ano 1836 o concello de Poio, coa mesma configuración física actual, aínda que cunha parroquia menos, segregándose no ano 1867 a parroquia de Combarro da de San Xoán de Poio.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Poio

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Rexistros complemento dos de poboación que asentan datos referentes á contabilización demográfica dos habitantes do municipio. Neste caso os censos de edificios e vivendas, existentes para rexistrar os lugares de habitación da poboación permitindo un xeito indirecto de control numérico sobre a mesma, podendo a súa elaboración servir ademais para outros fins. Son censos revisables cada certo tempo, que numeran as vivendas existentes, con carácter previos a revisión dos censos e padróns de habitantes, tendo consideración de traballos preliminares aos mesmos. A Rexencia do Reino por Decreto 24-xaneiro-1841 dispuxera que nas Secretarías de todos os Concellos de máis de 500 veciños establecésese o Rexistro Civil de nados, casados e mortos dentro do termo xurisdicional, levándose en libros con arranxo a modoos oficiais. Será coa Lei Rexistro Civil 17 xuño 1870, cando esta función pase definitivamente a esta institucións anexas aos Xulgados de Paz e municipais.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Poio (Tema) (Creador)

Área de control da descrición